Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.009 novas da área temática Áreas temáticas:

27/06/2024 | 10:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre mañá a convocatoria das axudas a proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global executados polas ONGD

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para o financiamento de actividades relacionadas coa sensibilización, concienciación, formación e investigación sobre o desenvolvemento, así como a incidencia e a mobilización social co obxectivo de crear redes de solidariedade na comunidade

27/06/2024 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta comprométese a ir da man das empresas galegas na implementación da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027

José González sinalou que só garantindo a saúde da poboación traballadora é posible que o noso tecido produtivo siga dando o mellor de si, sendo exemplo de competitividade e rendibilidade e de prover emprego de calidade

26/06/2024 | 20:27 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais

Destaca a entrada en vigor este ano do concerto social, ao cal a Xunta destina máis de 100 M€ anuais

26/06/2024 | 20:03 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño valora a celebración en Galicia do Congreso europeo de páncreas, situando á comunidade como referente

Destaca o labor da sanidade pública galega e iniciativas como a do Club europeo pancreático de cara a facilitar o intercambio de coñecemento na materia

26/06/2024 | 19:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza co Concello de Santiago na prórroga do convenio da renovación do servizos de transporte urbano á urbanización Os Tilos

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo esta mañá unha reunión co concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, Xan Duro, na que se abordaron os trámites pendentes para reactivar o acordo entre a Xunta e os concello compostelán e o de Teo 

26/06/2024 | 18:51 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza a posta en marcha dun Plan especial de atención á cronicidade con asistencia a domicilio no concello de Cervantes

Gómez Caamaño remarca que a veciñanza de Doiras terá totalmente garantida a asistencia sanitaria durante os meses de verán

26/06/2024 | 18:32 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza que a Xunta cubrirá con dous facultativos as vacantes no centro de saúde do Valadouro, garantindo a asistencia no verán

Sinala que o Plan de cobertura e reforzos en atención primaria no verán da Xunta permite que un dos médicos residentes que se forma na Mariña axude no verán neste centro de saúde

26/06/2024 | 18:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traballa na compra de varios lotes de fincas nas Fragas do Eume que suman preto de 120 hectáreas

O Executivo autonómico xa adquiriu ou ten en avanzado estado de tramitación parcelas que suman preto de 60 hectáreas, ás que se engaden outras 60 hectáreas das que se está cos traballos previos