Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

16/05/2023 | 10:31 | C. de Sanidade

O Sergas anuncia as datas e horarios para a realización dos exercicios para o acceso a persoal de enfermaría e outras categorías profesionais

Os exames das 11 categorías terán lugar o sábado 24 (en xornadas de mañá e tarde), e o domingo 25 de xuño na xornada de mañá

15/05/2023 | 19:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana salienta en Verín o labor da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo no territorio

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe na apertura dunha xornada sobre experiencias enogastroturísticas organizada desde o Polo Ourense Centro e Sur

14/05/2023 | 09:30 | C. de Facenda e Administración Pública

O nodo de intelixencia artificial crea áreas de traballo específicas para coordinar os recursos de Galicia nesta tecnoloxía

A Comisión de Seguimento do nodo galicIA reuniuse esta semana para aprobar o seu modelo operativo e consolidarse como organismo de referencia na intelixencia artificial en Galicia

13/05/2023 | 11:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoiará a XIII edición do Congreso de Prevención de Riscos Laborais en Iberoamérica que se celebrará en xuño en Santiago de Compostela

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza coa secretaria xeral da Organización Iberoamericana da Seguridade Social (OISS) e ex ministra de Traballo e Seguridade Social de Colombia, Gina Magnolia Riaño

13/05/2023 | 10:02 | C. de Facenda e Administración Pública

O sector tecnolóxico galego supera a cifra das 3.000 empresas e crea máis de 1.000 novos postos de traballo no último ano

O emprego no sector TIC en Galicia medrou un 5,1 % no último ano, acadando os 21.803 traballadores en 2022

12/05/2023 | 14:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana louva a implicación do persoal das oficinas de emprego de Viveiro e Ribadeo na modernización do servizo que integrará intelixencia artificial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade mantivo hoxe un encontro co persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia en Viveiro e Ribadeo

11/05/2023 | 15:29 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e Fundación Ronsel colaborarán na formación para acadar a empregabilidade de máis de 300 galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou hoxe, co re-presentante da Fundación, Luis García Deber, o convenio que permite a posta en marcha do programa de apoio para emprendedores retornados Merlo e para novos obradoiros, cursos e itinerarios individualizados de inserción laboral e coñecemen-to do mercado laboral galego

11/05/2023 | 15:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon en valor o papel das oficinas na modernización do Servizo Galego de Emprego a través do acompañamento persoal e a intelixencia artificial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coas directoras e directores das 54 oficinas de emprego de Galicia

10/05/2023 | 17:31 | C. de Sanidade

A Xunta publicará a vindeira semana a oferta de emprego para cubrir 420 prazas de persoal sanitario que inclúe dúas de medicina de familia e unha de pediatría para o centro de saúde de Vilagarcía

Así o sinalou o conselleiro de Sanidade, no Parlamento de Galicia, nunha resposta a un dos grupos da Cámara referida á situación da atención primaria en Vilagarcía de Arousa