Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

10/02/2023 | 17:45 | C. do Medio Rural

A Xunta traslada á plataforma de produtores de agricultura ecolóxica as melloras previstas para consolidar este xeito de produción no próximo período da PAC

O conselleiro do Medio Rural explicoulles a representantes da plataforma que case se triplicará o presuposto de 2022 para agricultura ecolóxica, acadando os 9 millóns anuais xa neste exercicio e ata os 45 millóns no vindeiro período da PAC

10/02/2023 | 15:22 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cunha delegación portuguesa a ferramenta das aldeas modelo

A delegación foi recibida por membros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que os acompañaron durante a súa visita ás aldeas modelo de Trascastro, no concello do Incio; e de Meixide, no concello da Veiga

10/02/2023 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta executou desde 2020 arredor de 1.200 hectáreas dentro do Plan de pastos de Galicia cun investimento de case 5 M€

O titular de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, avanzou que está previsto rematar a finais deste ano outras 308 hectáreas, sumando outros 2 millóns de euros máis ao orzamento destinado a esta finalidade

09/02/2023 | 21:09 | C. do Medio Rural

A Xunta reúnese con viticultores en Salvaterra de Miño para traballar nas medidas fronte á flavescencia dourada da vide

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, vén de reunirse en Salvaterra con viticultores da denominación de orixe Rías Baixas para informalos das medidas que se están a tomar fronte a este organismo

09/02/2023 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta puxo en valor a Lei de recuperación agraria nunha xuntanza informativa no concello da Bola

A Consellería do Medio Rural ofreceu unha charla informativa sobre os obxectivos desta Lei, comprometida co avance na recuperación da actividade económica e social de terreos abandonados

08/02/2023 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta informa en Arbo e O Rosal das medidas fronte á Flavescencia Dourada da vide

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros reuniuse con viticultores e demais interesados sobre as medidas dentro da zona demarcada de 2,5 km coa fronteira con Portugal, onde se detectara a doenza con anterioridade

08/02/2023 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por consolidar a actividade ecolóxica en Galicia triplicando o orzamento de 2022 para as axudas da PAC que buscan fomentar estas prácticas

José González avanzou que a Xunta sacará unha nova convocatoria en 2023 con máis dotación económica e cun compromiso de permanencia e financiamento de cinco anos

07/02/2023 | 19:24 | C. do Medio Rural

Galicia notifica un caso illado de encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) sen transcendencia para a saúde pública ou a sanidade animal

A cepa detectada no concello pontevedrés da Estrada é a forma atípica de EEB que aparece de forma natural e esporádica

07/02/2023 | 17:33 | C. do Medio Rural

A Xunta dotará con 9 M€ anuais as axudas para fomentar a agricultura ecolóxica, ata un total de 45 M€ no vindeiro período da PAC

José González puxo en valor este esforzo orzamentario, que supón un incremento anual de máis do 130 % sobre o presuposto previsto inicialmente para 2023 e case o triplo en relación co destinado no 2022