Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

15/02/2023 | 12:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

Rueda anuncia que Galicia presentará un proxecto “forte, sólido e potente” ao Perte Agroalimentario enfocado a modernizar e dixitalizar a industria láctea

En Smartz4milk participan 19 empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento galegos xunto con outros de Asturias, Cantabria, Andalucía, Cataluña e Valencia
 

15/02/2023 | 11:50 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial da Unión Europea publica hoxe o regulamento que confirma a inscrición definitiva da IXP vitivinícola Terras do Navia

Esta indicación xeográfica protexida, cuxo regulamento entrará en vigor en 20 días, amparará os viños producidos en 12 parroquias da Fonsagrada e de Navia de Suarna, así como na totalidade da localidade de Negueira de Muñiz

15/02/2023 | 11:23 | C. do Medio Rural

Un total de 51 entidades recibirán máis de 3,6 M€ das axudas da Xunta para elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a súa promoción fóra da UE

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as dúas resolucións correspondentes á convocatoria de 2022 destas achegas

14/02/2023 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a provincia de Ourense aglutina preto do 58% da superficie total que está sendo mobilizada a través dos polígonos agroforestais

Na actualidade, xa son 21 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 15 se atopan na provincia de Ourense

14/02/2023 | 10:49 | A Presidencia da Xunta

Asoporcel inaugura en Madrid Crónica da pegada do porco celta en Galicia, unha exposición fotográfica sobre a evolución da raza no último século

A través de medio cento de instantáneas, a mostra relata a traxectoria do Porco Celta dende inicios do século XX e recolle os principais fitos acadados por Asoporcel para a súa recuperación

13/02/2023 | 19:01 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo caso de ave silvestre afectada por gripe aviaria

O novo caso positivo corresponde a unha gaivota recollida no concello lucense de Xove, que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral

12/02/2023 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a aposta pola gandaría de vacún en extensivo na aldea modelo de Reboredo, no Pereiro de Aguiar

O conselleiro comprobou en persona esta iniciativa que vai da man da cooperativa Gandaría SMAD, e que permite xerar riqueza ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais

11/02/2023 | 16:05 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a provincia de Ourense supuxo un terzo dos pasteiros realizados desde o ano 2020, os cales actúan como ferramenta clave na prevención de incendios forestais

José González lembrou que o Plan de pastos prevé actuar nunha superficie total de 2.250 hectáreas en toda Galicia, o que suporá un investimento de 9,5 millóns de euros