Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

04/08/2023 | 11:25 | C. de Sanidade

A Xunta rematará neste ano o novo edificio de urxencias e PAC do Hospital de Verín tras investir case 4 M€

O conselleiro de Sanidade visita a obra que permitirá aumentar nun 10% a superficie deste hospital

03/08/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta investirá preto de 200.000 euros na instalación de tres caldeiras de biomasa nos centros de saúde de Cerdido, Cedeira e San Sadurniño

A delegada territorial, Martina Aneiros, avanzou que este investimento se inclúe no contrato valorado en 1,5 M€ que a Consellería de Sanidade acaba de sacar a licitación e que introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde galegos

03/08/2023 | 11:01 | C. de Sanidade

A Xunta e a Sociedade galega de medicina intensiva colaborarán na promoción da doazón e o transplante

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente de SOGAMIUC, Pablo Vidal, asinan o convenio marco de colaboración ao abeiro do que se desenvolverán programas divulgativos e de formación para impulsar o coñecemento dos mecanismos e vías para posibilitar a doazón

02/08/2023 | 13:54 | C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta pon en marcha un programa para previr disfuncións do solo pelviano nas mariscadoras da área sanitaria de Pontevedra e Salnés

O goberno galego presentou hoxe en Raxó un programa de intervención comunitaria do que se poderán beneficiar máis de 1.400 mariscadoras desta área

01/08/2023 | 17:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial fará todo o posible para que a base do 061 de Pontevedra conte con máis espazo útil

Agustín Reguera escoitou as necesidades dos sanitarios do 061 e intentará xestionar o traslado da documentación que actualmente se almacena no edificio.
 

31/07/2023 | 12:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda pon en valor la renovación entre a Xunta e o Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia do programa Paime de atención integral ao médico enfermo

Subliña o esforzo do Goberno galego e dos médicos para consolidar e seguir a mellorar a calidade da sanidade galega e das condicións dos profesionais sanitarios

28/07/2023 | 15:25 | C. de Sanidade

A Estratexia para a eliminación da hepatite C en Galicia realiza máis de 30.000 probas nos cinco primeiros meses de cribados oportunistas

O conselleiro de Sanidade avanza que se detectaron de forma precoz 38 positivos, un 0,12% das analíticas realizadas

26/07/2023 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
22/07/2023 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A liña de autobús da Xunta que conecta Lalín e Silleda cos hospitais de Santiago terá desde este luns dúas novas paradas, en Boqueixón e en Vedra

O autobús parará en Lestedo e na Gándara, reforzándose deste xeito a atención das localidades intermedias nesta liña cara aos centros hospitalarios

21/07/2023 | 16:35 | C. de Sanidade

Máis de 11.300 profesionais do Sergas poderán acceder a un novo grao de carreira profesional na convocatoria do ano 2023

Nesta convocatoria poderán acceder, por primeira vez, a carreira profesional o persoal residente en formación nos seus últimos anos de formación