Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

08/05/2023 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúne os empresarios da área de Lugo para definir unha oferta de FP de máxima empregabilidade a través do Plan Conecta

Máis de 4.300 alumnos estudan algún dos 123 programas e ciclos que se imparten nas comarcas de Lugo, Terra Chá, A Fonsagrada, A Ulloa, Os Ancares e Sarria
 

06/05/2023 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
06/05/2023 | 10:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 440 escolares de infantil e primaria visitarán este mes as Illas Atlánticas grazas ao concurso educativo da Xunta O Parque Nacional coa escola

No certame participaron un total de 2247 persoas, entre alumnado e profesorado, pertencentes a 26 colexios de Vigo, Bueu, Vilagarcía, Ribeira, Cangas e Sanxenxo

06/05/2023 | 10:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 40 centros educativos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro do programa "Observa_acción"

A Xunta impulsa esta iniciativa para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre profesores

05/05/2023 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa a colaboración entre Xunta, centros educativos e empresas como o factor clave para unha FP galega innovadora e cualificada

O conselleiro de Educación clausura o IX Congreso FP Empresa, que congrega en Santiago máis de 600 centros destas ensinanzas de toda España

05/05/2023 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O alumnado do colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas polo traballo “Desde a fiestra de don Paco”

Os carteis elaborados pola rapazada de Infantil e Primaria do centro lucense distribuiranse entre 2.000 puntos de Galicia, de España e do exterior

05/05/2023 | 13:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
04/05/2023 | 16:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CIFP As Mercedes amosa os proxectos innovadores dos ciclos de Aeromecánica e Enerxías eficientes no ‘Tour do Talento’

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a exposición do centro docente no marco desta iniciativa, que promove a Fundación Princesa de Girona e conta co apoio da Xunta de Galicia

04/05/2023 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares

04/05/2023 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 150 estudantes participan no primeiro Encontro Lusófono organizado polo Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo

O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta xornada promovida ao abeiro da Lei Paz Andrade para impulsar os vínculos coa lusofonía