Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

20/02/2023 | 19:24 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por dinamizar o sector primario da Estrada por medio das axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que contan cun orzamento de 30 M de euros

José Balseiros explicou que os produtores da localidade poden acollerse a esta orde de axudas, cuxa convocatoria segue aberta, para a construción dun centro de transformación comarcal que lle dea valor engadido ás súas producións

20/02/2023 | 14:52 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 17,2 M€ ás explotacións agrogandeiras de Lugo para impulsar a súa modernización e o relevo xeracional

Aprobáronse 464 achegas o pasado ano, máis da metade para a ampliación ou reforma das instalacións, compra de terreos e maquinaria, e outras melloras

20/02/2023 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 23 M€ a case 300 beneficiarios para mellorar a sostibilidade económica e ambiental do sector agrario galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as resolucións destas axudas convocadas o ano pasado para os investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, a transformación integral e modernización de invernadoiros, os investimentos en eficiencia enerxética e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0

18/02/2023 | 10:11 | C. do Medio Rural

Máis de 9.500 electores están chamados a votar mañá para a renovación de seis consellos reguladores do ámbito agroalimentario

Destacan as indicacións xeográficas protexidas de Carne de Vacún de Galicia, con máis de 7.600 electores convocados, e a denominación de orixe Ribeiro, con case un milleiro

17/02/2023 | 15:11 | C. do Medio Rural

A Xunta iniciará unha campaña de vacinación preventiva ante a aparición de catro focos de lingua azul en bovinos de Castro Caldelas, Sarreaus, Fornelos de Montes e As Neves

No marco das medidas adoptadas por cinco animais positivos (nas Neves detectáronse dous na mesma explotación), vacinarase nas provincias de Pontevedra e Ourense e nas comarcas veterinarias de Chantada, Terra de Lemos-Quiroga e Sarria, coa previsión de comezar xa en marzo

17/02/2023 | 12:50 | C. do Medio Rural

A Xunta puxo en valor a Lei de recuperación agraria nunha xuntanza informativa no concello de Rianxo

A Consellería do Medio Rural ofreceu unha charla informativa sobre os obxectivos desta Lei, comprometida co avance na recuperación da actividade económica e social de terreos abandonados

17/02/2023 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta reorganizará unha superficie de 813 hectáreas en Abadín, a través da concentración parcelaria de Moncelos

Este proceso decretado en setembro do pasado ano beneficiará 630 veciños e permitirá ampliar a base territorial das 29 explotacións da zona, cun orzamento previsto de case 2,5 millóns de euros
 

17/02/2023 | 12:05 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca hoxe 9 M€ en axudas para investimentos en tecnoloxías e maquinarias forestais co gallo de impulsar aproveitamentos como o da resina

O DOG publica hoxe estas achegas, que se enmarcan na Axenda de impulso da industria forestal-madeira e que están destinadas a investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos

16/02/2023 | 18:01 | C. do Medio Rural

A Xunta destina este ano máis de 18 M€ ao plan de actuacións para a recuperación da terra agraria

O Plan establece unha serie de obxectivos específicos concretados en cinco eixes estratéxicos e divididos en 37 propostas de actuación

16/02/2023 | 14:03 | C. do Medio Rural

A Xunta recibe un total de 722 proxectos para optar ás axudas da medida Leader no período 2023-2024

O balance faise tras rematar a finais de xaneiro o prazo de solicitudes para esta convocatoria, que conta cun orzamento de 15,3 millóns de euros