Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca o incremento nos últimos anos dun 25 % nas compensacións aos profesionais da quenda de oficio polo servizo de asistencia xurídica gratuíta
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que a comunidade galega é unha das que mellor retribúe aos profesionais deste servizo cun aumento do 15 % de media nos baremos consensuados ata 2025
A Xunta e a Asociación Galega de Dereito Colaborativo acordan avanzar en novas vías de resolución alternativa de conflitos no eido xudicial
O Goberno galego e o colectivo traballarán na posta en marcha dun programa piloto coa implicación dos distintos operadores xurídicos, no marco da aposta por impulsar a colaboración entre a Administración e os profesionais
A unidade de vixilancia de edificios xudiciais avala o servizo de seguridade previsto pola Xunta para a cidade da xustiza de Vigo
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo unha xuntanza cos responsables da unidade por parte da Policía Nacional e a Garda Civil
A Xunta porá en marcha unha ferramenta informática de acceso e intercambio de datos entre as oficinas de atención ás vítimas e outros órganos implicados nos procesos xudiciais
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Coordinación entre a Xunta e o Ministerio Fiscal
A Policía Autonómica investiga unha persoa por un delito contra a flora e a fauna ao atrapar un azor nunha gaiola no concello coruñés de Rois
A ave capturada na trampa artesanal foi liberada coa colaboración dos axentes ambientais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tras avaliar o seu estado
A Policía Autonómica detén un home en Lugo por un presunto delito de violencia de xénero
A UPA ten asignada a protección de 285 vítimas de violencia de xénero nas distintas xefaturas da unidade
A Xunta traballa nunha nova lei de cooperativas para axilizar a creación de entidades e regular novos modelos de traballo colaborativo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe en Ribadavia as adegas de Viña Costeira, onde referendou o seu compromiso cunha fórmula que “dá prioridade aos beneficios sociais antes que á rendibilidade financeira”
A Policía Autonómica e Gardacostas comisan 30 quilos de ameixa en Narón
É o resultado dun operativo contra o furtivismo na zona do Couto o pasado 10 de agosto