Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

05/04/2024 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta construirá 20 vivendas de promoción pública en Mos cun investimento de máis de 3 millóns de euros

Ángeles Vázquez avanza que se está a ultimar o proxecto básico do edificio, previo á licitación das obras, e agradece ao Concello a cesión da parcela de 2.000 metros cadrados na que se van desenvolver as actuacións

03/04/2024 | 14:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta xa está a traballar no compromiso de duplicar o parque público residencial de Galicia ata chegar ás 8.000 vivendas en 2028

Resalta que este verán estarán en marcha as obras para rehabilitar ou construír arredor de 400 novos inmobles protexidos

03/04/2024 | 11:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas de ata 8.000 € para rehabilitar inmobles do Programa de mobilización de vivendas para o alugueiro

As solicitudes poderán presentarse a partir de mañá e ata o vindeiro 4 de novembro

02/04/2024 | 14:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por 1 M€ axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

Ángeles Vázquez avanza que as solicitudes poderán presentarse desde mañá, 3 de abril, ata o vindeiro 3 de xullo

21/03/2024 | 18:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia ve escasos os fondos europeos que lle asigna o Goberno central para axudas de vivenda e pide máis recursos para as autonomías que cumpren obxectivos

A Xunta executou nos últimos dous anos case o 100% dos recursos procedentes de Europa con esta finalidade, pero as solicitudes de achegas recibidas para a rehabilitación enerxética dos edificios superaron os 140 millóns de euros

21/03/2024 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

A Xunta terá en marcha este verán as obras para construír ou rehabilitar preto de 400 novas vivendas de promoción pública

Rueda salienta que, deste xeito, se cumpre cos prazos “comprometidos” e co obxectivo de rematar esta nova Lexislatura cun parque público en Galicia de 8.000 vivendas

21/03/2024 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Consorcio Casco Vello de Vigo sacará a concurso seis novas vivendas de protección autonómica

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de reforma do edificio de Elduayen 31-Ferrería 10

19/03/2024 | 19:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
14/03/2024 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará unha poxa para adxudicar 142 locais comerciais e 369 prazas de garaxe propiedade do IGVS en edificios residenciais de promoción pública

Rueda resalta que sairán a poxa para mercar ou alugar todos os inmobles deste tipo que o organismo autonómico “ten dispoñibles actualmente”

14/03/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os concellos poderán solicitar a partir de mañá as axudas da Xunta para rehabilitar edificios e vivendas destinados a alugueiro a prezos accesibles

Cunha dotación global de 2,2 M€, o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá chegar a cubrir ata o 95% do custo das obras, cun límite de 57.000 € por subvención