Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

20/06/2024 | 13:40 | C. de Sanidade

A Xunta avanza que este verán Sanxenxo contará cun reforzo de 4 médicos e Vilagarcía cun 3º equipo de PAC

O xerente do Servizo Galego de Saúde garante unha asistencia de calidade tamén durante o verán grazas ao plan de medidas para o reforzo da atención primaria aprobado pola Xunta

20/06/2024 | 13:18 | A Presidencia da Xunta

A Xunta invita á cidadanía a participar na primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa para difundir o paso da ruta Xacobea por Vigo

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este xoves a convocatoria dunha marcha aberta de 20 quilómetros entre Saiáns e Teis

20/06/2024 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles anima a escoller o turismo rural este verán, que suma atractivos e novas experiencias

O director de Turismo de Galicia e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural presentan en Chantada as accións de promoción e colaboración deste ano

20/06/2024 | 12:32 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta financia con preto de 215.000 euros actuacións de mellora da eficiencia enerxética en catro empresas turísticas de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a pensión Casa Juanito á que se lle concedeu unha achega de preto de 130.000 euros para o illamento da fachada e a cuberta, así como para a instalación dun bomba de aerotermia e un sistema de climatización

19/06/2024 | 19:15 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia Calidade apoia a campaña de promoción dos produtos do mar da Asociación Galega de Depuradoras

A directora-xerente da entidade, Ana Méndez, participa na presentación e showcooking en Cambados e pon en valor o potencial turístico da gastronomía galega

18/06/2024 | 10:42 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove este verán o destino Galicia como lugar sostible no que desconectar

Baixo o lema ‘Pídeche Galicia’, vén de actualizar a mensaxe para a temporada estival da campaña publicitaria deste ano 2024 que se reanuda desde hoxe nos medios

17/06/2024 | 15:24 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a celebración do Noia Harp Fest para seguir diversificando a oferta turística do verán

O director de Turismo de Galicia presenta esta cita única no mundo especializada na arpa que reunirá artistas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania

15/06/2024 | 12:11 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta abre o prazo para que as empresas turísticas soliciten as novas axudas de eficiencia enerxética

Desde hoxe e ata o 14 de novembro, establecementos de aloxamento e restauración, poden presentar as súas solicitudes da convocatoria dotada de 10M€ 

15/06/2024 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Sanxenxo impulsan o transporte público no verán con novas liñas municipais de autobús

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Telmo Martín asinaron o convenio, enmarcado na aposta pola mobilidade sustentable

14/06/2024 | 12:55 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a sustentabilidade do modelo turístico galego, que avanza en diversificación e desestacionalización

Pon en valor a calidade e profesionalización do sector, que aproveitou unha gran oportunidade tras a pandemia para desenvolver un turismo máis sustentable