Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 342 novas da área temática Industria:

14/02/2024 | 14:12 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o nivel de sustentabilidade, innovación e internacionalización que xa acada a industria galega

Pon o Grupo Malasa como exemplo de que “desde Galicia se pode facer unha industria moderna, unha industria 4.0 e unha industria que xera economía e coñecemento”

09/02/2024 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía as modificacións da planificación da rede de transporte e a necesidade dun procedemento áxil para o nó de Meirama

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou no Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade

07/02/2024 | 16:15 | C. de Economía e Industria

Lorenzana compromete o traballo da Xunta para seguir incrementando o peso da industria no PIB de Galicia

Valora moi positivamente os últimos datos do INE relativos ao Índice de Produción Industrial, que apuntan a un crecemento en Galicia de case o 2 por cento en 2023, mentres que no conxunto do Estado se rexistra unha caída media do 0,8 por cento

06/02/2024 | 14:19 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza o labor esencial que xogan as mulleres na conserva e o pulo á calidade que aportan ao sector desde unha Peme como Curricán

O responsable autonómico aplaudiu un modelo de negocio que pon en valor receitas tradicionais da Mariña que van do bonito ao polbo pasando polas ostras

01/02/2024 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por poñer en valor o patrimonio mineiro e recuperar as zonas nas que se desenvolveu esta actividade

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá o espazo mineiro recuperado de Trema

31/01/2024 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais

O DOG publica hoxe a convocatoria dirixida aos concellos galegos e que se realizará en réxime de concorrencia competitiva

26/01/2024 | 15:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide certezas na planificación eléctrica para dar viabilidade aos proxectos industriais

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na Conferencia Sectorial de Enerxía e ao seu remate lamentou a falta de sensibilidade do Estado coas iniciativas industriais estratéxicas para Galicia

26/01/2024 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve pouca seriedade na comunicación realizada por Alcoa e considera que non achega seguridade aos traballadores

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou esta mañá en Madrid na Mesa de seguimento de Alcoa

25/01/2024 | 13:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A modificación do plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia entra hoxe en vigor, con cambios que afectan á planificación de 24 polígonos

O documento senta as bases para dotar á Comunidade dunha superficie industrial axustada ás necesidades reais do momento actual e coa localización máis axeitada

24/01/2024 | 21:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a Alcoa transparencia e concreción e pon como prioridade a defensa do emprego

Exixe á multinacional que cumpra cos seus compromisos porque son un milleiro de postos de traballo os que están vinculados á planta da Mariña, ademais dos empregos indirectos