Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta identifica ao presunto autor de varios lumes no concello ourensán de Calvos de Randín
Tras un traballo de investigación dende que se produce o primeiro dos incendios o 14 de abril, conseguiuse recadar nas primeiras dilixencias probas indiciarias suficientes para poñer ao presunto autor a disposición xudicial
A Xunta reitera ao Goberno as necesidades do sector agrogandeiro galego nun primeiro encontro bilateral da conselleira do Medio Rural co ministro
A conselleira trasladou as principais preocupacións dos agricultores e gandeiros galegos sobre asuntos como a necesidade de reducir a burocracia, adaptar a PAC á realidade da nosa comunidade e afondar na sanidade animal
O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública e interese social de tres novos polígonos agroforestais
Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo
Controlado o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira
O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie de 2,5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Angudes
O lume afectou unha superficie de 170 hectáreas, das cales 160 corresponden a monte arborado e as 10 restantes a raso
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa
O lume, que afectou a zona transfronteiriza con Portugal, abrangueu finalmente unha superficie de 23,45 hectáreas de monte raso en territorio español
Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa
Segundo as últimas estimacións, o lume, que afecta a zona transfronteiriza con Portugal, abrangue unha superficie de arredor de 20 hectáreas en territorio español
Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas