Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 86 novas da área temática Audiovisual:

24/03/2023 | 19:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
24/03/2023 | 17:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 2,5 M€ na produción galega de películas, series e curtas a través da súa convocatoria anual de subvencións

Ábrese o prazo para a solicitude desta liña de apoio, a de maior contía das oito destinadas ao sector a través do programa anual de axudas e do Hub Audiovisual, cun orzamento conxunto de preto de 7,4 M€

22/03/2023 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego preséntase por vez primeira no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida con ‘Shakespeare en Roma’

O director do centro teatral da Xunta, Fran Núñez, participou no anuncio da 69ª edición do prestixioso certame, que ofrecerá dúas funcións desta produción galega os días 18 e 19 de xullo

21/03/2023 | 13:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta o Camiño de Santiago como parte fundamental da nosa cultura durante a presentación dun documental sobre o Camiño Francés

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do documental esta mañá no Museo das Peregrinacións

12/03/2023 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O audiovisual galego desembarca no Festival de Málaga con catro longametraxes e unha curta producidas co apoio da Xunta

Os filmes ‘Sica’ e ‘Matria’ competirán na sección oficial a concurso; ‘Honeymoon’ e ‘Amigos hasta la muerte’ terán a súa estrea no apartado Málaga Premiere, e ‘Ulises’ preséntase na selección de curtas de ficción

07/03/2023 | 18:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O cartel internacional do Festival Pórtico do Paraíso desprégase en Ourense, Cea e Nogueira de Ramuín co apoio da Xunta

Xa están á venda as entradas para os recitais dos conxuntos británicos The Orlando Consort e Kosmos Ensemble, os portugueses Americantiga Ensemble e Quarteto Alcipe e o pianista galego Fabio Álvarez

02/03/2023 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A filmoteca de Galicia celebra durante todo marzo o Día da Muller con 35 sesións de dirección feminina

Constitúen a meirande parte da carteleira da cinemateca da Xunta para este mes, no que arrancan as retrospectivas da realizadora húngara Márta Mészáros e da xaponesa Kinuyo Tanaka e se lle dedica un especial á alemá Helena Wittmann

27/02/2023 | 18:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro Román Rodríguez recibe a produtora Chelo Loureiro co recente Goya por Unicorn Wars

O responsable autonómico de Cultura destaca que este filme apoiado pola Xunta con 260.000 € é un exemplo da capacidade empresarial e talento do audiovisual galego

20/02/2023 | 16:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta congrega hoxe na Berlinale máis de 200 profesionais internacionais nun evento para promover o audiovisual galego

Esta noite terá lugar o acto especial ‘Cebrating Galician Berlinale’, ao que está prevista a asistencia de distribuidoras, axentes de venda e prensa especializada

16/02/2023 | 16:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a promoción das estreas galegas na Berlinale cun evento festivo e a nova edición do catálogo ‘Films from Galicia’

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades organizará o luns na capital alemá un acto especial arredor do noso cinema para celebrar o fito que supón a súa presenza tripla no festival con ‘Matria’, ‘Sica’ e ‘Samsara’