Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.153 novas:

24/07/2024 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica o calendario laboral para 2025 e fixa como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo

A normativa estatal fixa 14 festivos: 12 marcados polo Estado e dous elixidos polos concellos

23/07/2024 | 20:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anima aos artesáns da Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros

23/07/2024 | 20:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña ‘Días Azuis’ da Xunta e a Federación Galega de Comercio para dinamizar o sector rexistrou máis de 120.600 compras

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Santiago de Compostela na entrega de premios por valor de 20.000 euros aos clientes participantes que gañaron o sorteo da última edición desta iniciativa

23/07/2024 | 19:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta

Foi descuberta nunha escavación financiada polo Goberno galego no 2017 e presenta unha inscrición interpretada como un Crismón arcaico

23/07/2024 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Museo Etnolóxico dá a coñecer o patrimonio relixioso de Ribadavia coa sua nova exposición

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugura a nova mostra que estará dispoñible ata o 31 de decembro deste ano

23/07/2024 | 16:46 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Global Solo Challenge 2027-2028 que terá en Vigo o seu porto de saída e chegada recalca a capitalidade de Galicia nos fitos mundiais da vela

O secretario xeral para o Deporte lembra o terceiro posto do Galicia 93 Pescanova de Javier de la Gándara na Volta ao Mundo de 1993 e o segundo posto do Mapfre en 2018 con Támara Echegoyen na tripulación

23/07/2024 | 16:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 2,2 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación

A Xunta de Galicia acaba de resolver a convocatoria do programa InnovaPeme, a través do que se apoian 34 plans de innovación que mobilizan 4,4M€, supoñen 25 novas contratacións e implican preto de 1M€ en subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación

23/07/2024 | 15:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez pon a Gradiant de exemplo de impacto económico e social coa creación de tres spin-offs

O conselleiro de Ciencia visita o centro tecnolóxico de telecomunicacións para coñecer os proxectos que está a desenvolver co apoio da Xunta