Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

11/08/2023 | 16:08 | C. de Sanidade

O comité técnico do mosquito tigre celebra a súa primeira reunión co obxectivo de limitar a reprodución do insecto

A Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) colocará novas trampas en Moaña para delimitar a zona con presenza do mosquito tigre

11/08/2023 | 11:09 | C. de Sanidade

A Xunta inviste máis de 770.000 euros na robotización da unidade de lesionados medulares do CHUAC

Esta unidade é referente na nosa Comunidade e en parte do territorio español, no que atinxe á hospitalización de agudos

10/08/2023 | 15:07 | C. de Sanidade

A Xunta reforza o rexistro galego de tumores para aumentar a información sobre a incidencia do cancro en Galicia

Dentro da Estratexia de xestión do cancro en Galicia, a Consellería de Sanidade impulsa o Rexistro Galego de Tumores (Regat) tramitando a súa regulación normativa, reforzando o seu persoal e aumentando as fontes de información

10/08/2023 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta instalará un sistema sostible de aerotermia no centro de saúde de Vilamartín de Valdeorras

O delegado territorial, Gabriel Alén, avanzou que este investimento licitado pola Consellería de Sanidade para o centro de saúde valdeorrés introducirá tamén enerxías renovables noutros 13 centros de saúde galegos

09/08/2023 | 15:28 | C. de Sanidade

A Xunta informa da detección por primeira vez en Galicia de exemplares de ‘mosquito tigre’

Os mosquitos foron detectados por un veciño de Moaña a través da plataforma de participación cidadá Mosquito Alert na que colaboran a Consellería de Sanidade e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)
 

09/08/2023 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta investirá preto de 500.000 euros na introdución de aerotermia e na ampliación dos equipos de radioloxía do centro de saúde de Carballo

Gonzalo Trénor visitou o centro, que recibirá un investimento de 290.000 euros para instalar un sistema de aerotermia dentro dun contrato da Xunta para introducir enerxías renovables nos centros de saúde

08/08/2023 | 13:45 | C. de Sanidade

A Xunta renova 58 ecógrafos nos servizos de xinecoloxía e obstetricia dos hospitais galegos cun investimento de máis de 4 millóns de euros

A área sanitaria de Lugo recibiu esta lexislatura máis dun millón de euros de investimentos para renovar os seus equipos de ecografía

07/08/2023 | 15:00 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trasladará en setembro o PAC de Lugo ao novo centro integral de saúde do barrio da Residencia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, confirma que en outubro tamén realizará o cambio parte do persoal do centro de saúde da Milagrosa

06/08/2023 | 11:04 | C. de Sanidade

A Xunta completa a nova climatización do Hospital do Meixoeiro

A finalización desta actuación, cun importe total de 3,7 millóns de euros, supón realizar investimentos por valor de 22 millóns de euros neste hospital desde 2015

05/08/2023 | 22:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta reafirma o seu compromiso na mellora da prevención e dos tratamentos contra o cancro

Rueda gradece á Asociación Española Contra o Cancro e a todos os seus voluntarios o apoio que prestan aos doentes e aos seus familiares