Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

26/06/2023 | 15:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación dun bypass na tubaxe entre Pazos de Arenteiro, en Boborás, e Leiro para avanzar na mellora do abastecemento municipal

Este contrato, adxudicado por máis de 48.000 €, consiste na colocación dun desvío provisional na tubaxe deste tramo que cruza o río Avia ata o núcleo de Osebe, en Leiro

26/06/2023 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia a rehabilitación integral do Instituto Valle-Inclán de Pontevedra

Hoxe asinouse a acta de replanteo das obras para actuar na totalidade deste edificio histórico singular, no que a Consellería de Educación inviste 4,7 M€

26/06/2023 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda a organización das obras da cidade de San Caetano, que comezarán a mediados de xullo e permitirán crear un espazo público de maior calidade coa máxima integración na contorna

Vázquez Mourelle destaca a imaxe renovada e a optimización de espazos da administración que suporá a Cidade de San Caetano, mellorando a atención aos cidadáns, modernizando o espazo de traballo e evitando un gasto en alugueiros de máis de 1,1 millóns de euros ao ano

25/06/2023 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continuará esta vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de seis estradas autonómicas das catro provincias

Proseguirán os traballos iniciados a pasada semana na vía de altas prestacións Brión-Noia e na estrada AC-550, nos municipios de Cee, Muros e Noia

24/06/2023 | 10:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de renovación do firme na autovía AG-53 entre Cea e a A-52, cuxas obras suporán un investimento de case 4,7 M€

O contrato, adxudicado por 15.000 euros, definirá as reparacións para realizar sobre o pavimento e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada deste treito de 13 km da autovía Dozón-Ourense

23/06/2023 | 16:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anima ás mulleres a incorporarse ás carreiras de enxeñaría para equilibrar a balanza da profesión e que siga medrando co talento feminino

Vázquez Mourelle destaca o incremento da presenza feminina na enxeñería, pois mentres na franxa entre 46 e 55 anos, a porcentaxe rolda o 20%, no intervalo entre os 35 anos ou menos, xa representan o 40%

23/06/2023 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 940.000 euros a mellora do firme en 4 estradas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro

Actuarase no firme das estradas OU-206, OU-212, OU-901 e OU-902, nos concellos do Carballiño, Avión, Carballeda de Avia, Leiro, Beade, San Cristovo de Cea e Vilamarín

23/06/2023 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/06/2023 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/06/2023 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 150.000 € as obras que completan a mellora do abastecemento de Outeiro de Rei

Executarase un ramal que conectará coa rede actual na zona empresarial, pasando baixo a A-6