Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/02/2023 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en valor en Madrid a calidade do produto diferenciado co selo Ternera Gallega Suprema

O conselleiro do Medio Rural, acompañado do ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, participará nun evento o próximo luns na Casa de Galicia onde se poderán degustar as propostas de tres recoñecidos chefs

A iniciativa busca identificar a categoría Ternera Gallega Suprema como unha marca de calidade diferenciada resultado da tradición e do respecto ao medio ambiente, que destaca ademais como produto gastronómico versátil

25/02/2023 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a exposición pública do parcelario do proxecto básico de seis polígonos agroforestais nas provincias de Pontevedra e Ourense

Trátase dos de Barzamedelle (Leiro), Pousada (Riós), Solbeira (Paderne de Allariz), Vences (Monterrei), Mandelos (Crecente) e Vilalén-Tomonde (Cerdedo-Cotobade)

24/02/2023 | 16:30 | C. do Medio Rural

A Xunta confirma os vogais elixidos no marco da renovación dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario

Ao non presentarse reclamacións ás votacións celebradas o pasado domingo, queda definitivamente establecida a repartición de vogais nas 15 entidades

23/02/2023 | 16:32 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a nova concentración parcelaria de Melide que reorganizará 1.117 hectáreas e para a que se prevé un investimento de máis de 3,3 M€

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou hoxe na localidade coruñesa as particularidades da parcelaria de Baltar-Golán-Grobas, que beneficiará 335 veciños

23/02/2023 | 15:47 | C. do Medio Rural

Rueda celebra o bo momento do sector lácteo galego con 18 meses seguidos de incremento dos prezos pagados aos gandeiros que favoreceu unha cifra récord de facturación

Subliña que o sector acadou os 1.306 M€ de facturación en 2022 pola venda de leite, un máximo histórico e que supón un 35% máis que no 2021

23/02/2023 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a declaración como proxecto de interese autonómico a ampliación da industria láctea Casa Grande de Xanceda, en Mesia (A Coruña)

O DOG recolle hoxe a resolución correspondente, co fin de ordenar e planificar novos terreos para instalacións complementarias á actividade gandeira actual e outras superficies para dar soporte ás súas actividades turísticas, culturais e formativas
 

22/02/2023 | 15:13 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na posta en valor de máis de 3.000 ha de terreo no marco do polígono agroforestal impulsado en Curtis

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantivo hoxe unha reunión informativa con veciños implicados neste polígono de cara a avanzar no seu desenvolvemento

22/02/2023 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reorganizará unha superficie de case 3.500 hectáreas no concello de Lalín, a través de tres novas concentracións parcelarias

Os procesos decretados en outubro do pasado ano de Cristimil, Galegos e Goiás-Xaxán-A Veiga beneficiarán case 1.630 veciños e permitirán ampliar a base territorial de 223 explotacións, cun orzamento previsto global de case 12 M€

21/02/2023 | 14:53 | C. do Medio Rural

A Xunta electoral proclama hoxe os vogais electos no proceso de votación para a renovación de seis consellos reguladores do ámbito agroalimentario

Pendentes de posibles reclamacións ás votacións que se poden presentar ata o venres, quedaría establecida a repartición de vogais nos 15 consellos reguladores que renovan órganos de goberno, sumando os nove onde houbera candidaturas únicas ou pactos