Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

30/06/2023 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o apoio da Xunta aos concellos na dotación de servizos de saneamento, que en Galicia require máis do dobre de metros de tubaxe que en España

Subliña a dificultade para levar os servizos de saneamento en Galicia debido á dispersión territorial, pois, mentres España se precisan 4 metros lineais de colector por habitante, a nosa comunidade require 9 metros de tubaxe por habitante

29/06/2023 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pídelle ao concello de Pontevedra unha proposta seria e con financiamento para a reubicación das instalacións de conservación de estradas da Xunqueira de Alba

O Goberno galego vén de reiterar por carta ao Concello a súa disposición a trasladar esas dependencias cando teña unha proposta municipal con terreo e financiamento, tal e como lle corresponde como ente promotor da actuación

28/06/2023 | 18:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta ao Goberno de España a non perder máis tempo e a comezar xa as obras do segundo viaduto da A-6

Vázquez Mourelle urxe ao Executivo central a destinar os medios materiais e humanos necesarios para axilizar a execución da solución completa na autovía e garantir a seguridade viaria

28/06/2023 | 17:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo, que suporá un investimento de máis de 14,8 M€

As obras teñen un prazo de execución de 18 meses e inclúen a remodelación da distribución interior do antigo edificio da Audiencia Provincial e a renovación das fachadas, adaptándoas ás necesidades de iluminación para crear espazos sanitarios

28/06/2023 | 15:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por máis de 320.000 € a rehabilitación das cubertas do Antigo Hospital de San Roque en Santiago

A actuación conta cun prazo de execución de nove meses para resolver os problemas de estanquidade derivados do mal estado da cuberta

28/06/2023 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/06/2023 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3 M€ a mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas de Lugo e da Terra Chá

Actuarase nas estradas LU-111, LU-121, LU-120 e LU-113 nos municipios de Rábade, Abadín, Vilalba, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza

27/06/2023 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta en Pontevedra anima ás asociacións a solicitar a cesión de locais sociais no edificio administrativo de Benito Corbal

Agustín Reguera lembrou que o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro luns 3 de xullo e que o Goberno galego ofrece gratuítamente ata 26 espazos neste céntrico enclave da cidade para actividades sociais, culturais, deportivas, sociais ou sanitarias

27/06/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 1,2 M€ a mellora do firme de 5 estradas autonómicas das comarcas de Ferrolterra e de Betanzos

Actuarase no firme das estradas AC-102, AC-116, AC-122, AC-133 e AC-160 nos concellos de Cerdido, Cedeira, Narón, Valdoviño, Cabanas, Fene, Mugardos, Miño e Vilarmaior

27/06/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas