Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

03/03/2023 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 500.000 € en traballos preventivos de loita contra incendios forestais nos concellos de Carballeda de Avia e Avión

Ademais dos traballos de roza na contorna destes núcleos de poboación, construíuse un novo peche gandeiro para salvagardar os animais

02/03/2023 | 20:10 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda asegura que Galicia ten futuro nun sector primario que se renova da man do coñecemento e das novas tecnoloxías

Destaca as medidas postas en marcha polo Goberno galego para asegurar un rural vivo, competitivo e innovador, como as axudas aos mozos para asentarse no campo ou o Plan de mellora de camiños rurais

28/02/2023 | 20:12 | C. do Medio Rural

A Xunta confirma a constitución do consello regulador da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria presidiu hoxe a constitución do novo pleno deste consello regulador, así como a elección da presidencia e da vicepresidencia

28/02/2023 | 19:44 | C. do Medio Rural

A Xunta informa de que queda constituído o consello regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria presidiu hoxe a constitución do novo pleno deste consello regulador, así como o debate para a elección da presidencia e vicepresidencia

28/02/2023 | 17:34 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o sector lácteo galego na xornada Africor Lugo-Vaca pinta

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, interveu no acto de inauguración desta xornada

27/02/2023 | 20:09 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza en Madrid o distintivo de calidade Ternera Gallega Suprema como custodio do territorio e polo seu potencial gastronómico

Con esta, dan comezo unha serie de presentacións de produtos galegos con selo de calidade na Casa de Galicia en Madrid

27/02/2023 | 10:17 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o vindeiro 27 de marzo o prazo de solicitude das axudas para a incorporación da mocidade ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

As achegas, que contan cun orzamento de 38,8 millóns de euros, procuran acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural

26/02/2023 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca en Riós o potencial das axudas a proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais

José González lembrou que a convocatoria de 2023 está dotada con algo máis de dous millóns de euros e que o prazo de solicitudes aínda está aberto

25/02/2023 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reorganizará preto de 2.050 hectáreas a través da concentración parcelaria de Freixeiro en Santa Comba, na que ten previsto investir máis de 6 M€

Este proceso beneficiará 706 veciños e permitirá ampliar a base territorial de 87 explotacións da zona decretada