Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

29/08/2023 | 13:59 | C. de Sanidade

A dixitalización de anatomía patolóxica da Xunta de Galicia permitirá diagnósticos con maior axilidade e un salto cualitativo na medicina personalizada

O Consello da Xunta autorizou novas adquisicións tecnolóxicas por 5,7 millóns de euros para culminar o proceso de transformación dixital dos servizos de Anatomía Patolóxica do Sergas, no que se invisten un total de 10,3 millóns de euros

28/08/2023 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria en setembro e novembro dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras dos accesos do novo Hospital Público da Coruña

O levantamento de actas previas á ocupación será o 12 de setembro, de 10:30 a 11:30 horas, no edificio administrativo da Xunta na Coruña; e a formalización será o 15 de novembro no mesmo horario e lugar

28/08/2023 | 11:01 | C. de Sanidade

O Centro de Saúde de Tui supera as 23.000 consultas no que vai de verán

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou este centro da rede sanitaria pública galega, que atende a máis de 18.000 persoas

27/08/2023 | 10:27 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade visita o centro de saúde de Lavadores que no que vai de verán leva realizadas máis de 17.000 consultas

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego reuniuse cos profesionais do centro, que atende a máis de 15.000 persoas, das que máis de 1.800 están en idade pediátrica

26/08/2023 | 10:57 | C. de Sanidade

O centro de saúde de A Ponte celebra a súa historia e humaniza as súas instalacións

O conselleiro de Sanidade visitou o centro de saúde que vén de inaugurar unha exposición sobre a súa historia e renovar a súa pintura e sinalización

25/08/2023 | 14:22 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar nesta fin de semana de agosto e recalca a importancia de incrementar as doazóns do grupo cero negativo

As dez unidades móbiles de ADOS estarán nesta semana en máis de 40 concellos co fin de garantir o axeitado abastecementos de compoñentes sanguíneos dos hospitais da nosa comunidade

25/08/2023 | 13:20 | C. de Sanidade

A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre no concello de Cangas

A identificación dun exemplar foille comunicada ao Concello de Cangas, que se incorporará ao comité técnico para o control deste vector

25/08/2023 | 13:15 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade remarca o alto nivel da atención sanitaria que se está a prestar na área sanitaria de Vigo

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou o centro de saúde de Navia, que atende a unha poboación de ao redor de 15.000 habitantes

25/08/2023 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa o remate das obras de reforma do centro de saúde de Arnoia

Gabriel Alén explicou que as obras, consistiron na reforma da planta baixa e no cambio da cuberta do centro de saúde, nas que a Xunta investiu máis de 107.000 €

24/08/2023 | 14:04 | C. de Sanidade

Sanidade aborda cos profesionais a ampliación do centro de saúde de Baltar para licitar o proxecto

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse en Sanxenxo cos profesionais do centro de saúde, o xerente da área sanitaria, técnicos municipais e da Axencia Galega de Infraestruturas