Actualidade
Buscador de novas
López Campos salienta o “enriquecemento cultural” que supón o programa de intercambio con outras comunidades para a mocidade galega
O conselleiro destaca o “valor diferencial e engadido” destas actividades, que gozarán este verán máis de 300 rapaces e rapazas no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela-A Mancha
Lorenzana avanza que os borradores dos futuros plans directores da automoción e do sector naval estarán listos a comezos da segunda quincena de xullo
A conselleira de Economía e Industria asegurou que o documento final se presentará no ultimo trimestre do ano para a súa aprobación definitiva
O director xeral de Asistencia Sanitaria remarca o labor esencial do persoal de enfermería no Servizo Galego de Saúde
Silva Tojo salienta o compromiso da Xunta con esta categoría sanitaria, ao reforzar a estrutura do Servizo Galego de Saúde coa creación da Unidade de Procesos de Enfermería
Fabiola García aborda coa Rede Galega contra a Pobreza os avances da Xunta en materia de inclusión social
A conselleira e os responsables de EAPN-Galicia coincidiron na importancia de garantir a estabilidade financeira das entidades
Villares anuncia ás confrarías que a Xunta xa ten en marcha a convocatoria de axudas de 1,75 M€ para a restauración da biodividersidade e dos ecosistemas mariños
Desta cantidade, o 57% corresponde á aportación da anualidade de 2024 e o 42,8% restante á de 2025. Como novidade serán subvencionables os traballos de restauración realizados directamente polos mariscadores
A Xunta destina 5,1 M€ á adquisición de tubos de extracción de sangue e outro material para garantir a rastrexabilidade das analíticas realizadas nos centros sanitarios galegos
Destinaranse ás sete áreas sanitarias e permitirán manter os estándares de calidade e de seguridade no proceso de extracción, transporte e análise de mostras biolóxicas
A Xunta destina máis de dous millóns de euros á mellora da totalidade das bases e instalacións do 061
Melloraranse as infraestruturas nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Foz, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Mos
A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia
Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais
Máis de 600 nenos e nenas gozan do Espazo Concilia de Poio grazas ao financiamento da Xunta
A consellería de Política Social e Igualdade inviste 64.000 euros nesta iniciativa