Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

11/07/2023 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30% o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel

Vázquez Mourelle sinala que este proxecto pioneiro, aliñado coa estratexia galega de economía circular, se dirixe a acadar depuradoras de augas residuais intelixentes

11/07/2023 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1 M€ a execución das obras das novas sendas nas estradas PO-302 e PO-306 en Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa

Habilitarase unha senda de 1.100 metros na estrada PO-302 e un itinerario de 270 metros ao longo da PO-306

10/07/2023 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza a execución das obras da 1ª fase de mellora integral da travesía de Teixeiro, en Curtis, que suporán un investimento de máis de 1,3 M€

A actuación na estrada AC-231, que conecta coa N-VI e vai a Sobrado, ten un prazo de execución de 12 meses

10/07/2023 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 2,9 M€ as obras de mellora do firme na estrada autonómica PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente

Estas intervencións iniciaranse na segunda quincena de xullo e terán un prazo de execución de 9 meses

10/07/2023 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha a construción do Novo Hospital Público da Coruña coa licitación hoxe das obras da Torre Polivalente por importe de máis de 35 M€

Vázquez Mourelle adianta o obxectivo de comezar este mesmo ano as obras, que terán un prazo de execución de 18 meses

10/07/2023 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Fene da rúa Pablo Areas Feal e da pasarela peonil sobre a liña do ferrocarril

A entidade local asume a titularidade destes tramos antigos da estrada AC-133 e terá a responsabilidade da súa conservación e mantemento

10/07/2023 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 405.000 € novas obras do eixe de mobilidade sostible Pontevedra-Marín que completarán a transformación integral da PO-546 en Estribela

Esta nova actuación correspóndense cunha 2ª fase de intervención en Estribela, entre o quilómetro 4+890, desde o final da 1ª fase agora en obras, e o 5+060, no límite municipal

08/07/2023 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-536 ao paso polo concello do Pereiro de Aguiar

Proseguirán as tarefas en execución na estrada OU-801, que comunica os municipios ourensáns de Padrenda e Ribadavia

08/07/2023 | 12:06 | C. de Sanidade

A Xunta licita o proxecto da obra de integración do PAC no centro de saúde de Outeiro de Rei

A obra permitirá que o Punto de Atención Continuada abandone a súa localización actual e se integre co centro de saúde a través dunha ampliación de 557 m2

08/07/2023 | 11:12 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica a reforma da entrada do centro de saúde de Toén para facilitar o acceso das ambulancias

O Goberno galego adxudicou a obra por un importe total de 75.191,01 euros