Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

10/01/2023 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 550.000 euros a Aspas para a creación de 90 prazas de atención diúrna e residencial en Santiago

Será financiada a través da nova orde para a creación ou remodelación de centros de titularidade social dotada con 13 millóns de euros e cuxa resolución saíu publicada nas últimas semanas no DOG

10/01/2023 | 10:40 | C. de Sanidade

A Xunta publica a orde pola que se crea a Rede de centros de simulación clínica avanzada do Sistema Público de Saúde e o seu Consello Técnico Asesor

Nos centros do Sergas existe, neste momento, distinto equipamento e espazos dedicados á simulación médica, e realízanse distintas actividades formativas dentro da súa programación

07/01/2023 | 10:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 19.000 euros a constitución dun programa de voluntariado interxeracional para paliar a soidade dos maiores no concello das Pontes

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor o papel que os voluntarios xuvenís e sénior teñen neste tipo de propostas e defendeu a aposta do Goberno galego “por levar os recursos alí onde as persoas os precisan”
 

07/01/2023 | 10:05 | C. de Política Social e Igualdade

Os Puntos de Encontro Familiar da Xunta realizaron durante o 2022 preto de 18.000 intervencións

Máis de 2700 persoas utilizaron este servizo, incluíndo menores e os seus familiares

05/01/2023 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta habilita unha orde de axudas dirixida a refuxiados ucraínos que carezan de recursos económicos

O Diario Oficial de Galicia publica esta liña de subvencións que conta cun orzamento total de 1,3 millóns de euros

05/01/2023 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda aos Concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal a financiar os seus servizos sociais municipais cunha achega de 1,1 M€

A delegada territorial, Martina Aneiros, avanzou que estes fondos se canalizan a través do Plan Concertado da Consellería de Política Social e Xuventude

03/01/2023 | 18:21 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura na Estrada o programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’, que recalará en 30 concellos de Galicia

A iniciativa conta cunha ampla variedade de actividades de formación e ocio destinada á mocidade galega

03/01/2023 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 60.000 á Fundación Ingada para poñer en marcha un programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH

A iniciativa ten como finalidade as persoas con este trastorno poidan desenvolver adecuadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social