Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

10/03/2023 | 21:43 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

O presidente da Xunta destaca o rexurdimento do rural galego da man do I+D e da sustentabilidade dos recursos naturais

Salienta a modernización do agro galego e o incremento de proxectos empresariais que compaxinan a innovación co respecto polo medio ambiente

10/03/2023 | 20:38 | C. do Medio Rural

A Xunta informa da constitución do consello regulador da denominación de orixe Valdeorras

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria presidiu hoxe a constitución do novo pleno deste consello regulador, así como a elección da presidencia e da vicepresidencia

10/03/2023 | 14:49 | C. do Medio Rural

A Xunta complementa as axudas do pasado verán cunha nova liña para garantir a replantación de castiñeiros afectados polos incendios de xullo de 2022

José Balseiros reiterou que esta nova convocatoria sumarase ás achegas de reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas por eses incendios, que beneficiaron a case 180 propietarios por un importe de máis de 830.000 euros.

10/03/2023 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra os produtos de artesanía alimentaria coa inauguración de Merca Delicadeza en Lalín

Consta de 30 postos de venda ao público, nos que só se expoñerán e venderán produtos certificados co distintivo de Artesanía Alimentaria

10/03/2023 | 13:07 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a intelixencia artificial aplicada ao sector vitivinícola cun seminario técnico no marco do proxecto transfronteirizo VINIoT

O acto de hoxe no pazo de Toubes está organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

09/03/2023 | 18:23 | C. do Medio Rural

A Xunta informa da constitución do Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas de Carne de Vacún de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria presidiu hoxe a constitución do novo pleno deste consello regulador, así como a elección da presidencia e da vicepresidencia

09/03/2023 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Trenor anima aos gandeiros a solicitar as axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

As achegas, que contan cun orzamento de 38,8 millóns de euros, procuran acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no ru-ral

09/03/2023 | 15:15 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de case 10 M€ para accións silvícolas

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se amplía o prazo ata o 10 de abril

09/03/2023 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta enxalza o papel da paisaxe como elemento vertebrador do rural galego

Enrique de Salvador fai fincapé no traballo desenvolvido polo Concello de Vedra a prol da protección da súa riqueza paisaxística

09/03/2023 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca o Observatorio do Sector Lácteo de Galicia para facer balance dun eido que acumula xa 19 meses consecutivos de subas de prezos

José González destacou que o prezo do leite pagado aos produtores en Galicia se situou en xaneiro nos 58,8 céntimos por litro, 0,2 céntimos máis que o mes anterior, consolidando unha tendencia alcista que propiciou un récord de facturación en 2022