Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

16/03/2023 | 18:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convida ao Clúster da Loxística a traballar conxuntamente para impulsar o Corredor Atlántico e defender as prioridades de Galicia ante o comisionado

Ethel Vázquez salienta a frutífera colaboración entre o Goberno galego e o Clúster, a través das mesas de diálogo do transporte por estrada ou o Observatorio de Custos de Transporte de Mercadorías por Estrada

16/03/2023 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes de Pontevedra das novas axudas de ata 17.600 € para impulsar a dixitalización e a modernización dos seus negocios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na sede de APE Galicia nun encontro sobre este programa, ao que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 3 M€
 

16/03/2023 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende nas Pontes unha transición enerxética ordenada que non deixe atrás o tecido industrial

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá nunha xornada informativa, onde puxo de relevo o papel exemplarizante e incentivador que as administracións teñen que adoptar neste contexto

15/03/2023 | 18:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal ‘Praza do Comercio’ da Coruña

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións da entidade, nas que o Goberno galego investiu nos últimos dous anos máis de 33.300 euros

15/03/2023 | 16:11 | C. do Mar

A Xunta e a industria de produtos do mar conxelados investirán 400.000 euros en distintas accións de promoción para impulsar a competitividade do sector

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e Conxemar para a mellora da comercialización destes elaborados da pesca, marisqueo e acuicultura ao longo deste ano

15/03/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta conciencia en Lugo sobre o consumo responsable no Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a oficina lucense do Instituto Galego do Consumo e da Competencia tramitou o ano pasado 2.929 reclamacións, un 35 % máis que en 2021

15/03/2023 | 15:05 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén destaca as medidas da Xunta a prol dos dereitos dos consumidores

O delegado territorial da Xunta visita o punto informativo situado na Praza de Abastos de Ourense con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

15/03/2023 | 14:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o decreto que regulará a carreira investigadora na administración galega é pioneiro no ámbito estatal

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia para explicar a futura norma