Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta en Fitur a campaña ‘Amárrate a Galicia’ para promocionar o sistema portuario como entrada do turismo á Comunidade galega
Esta iniciativa ten como fin difundir e poñer en valor os portos deportivos como porta de entrada dos navegantes ao conxunto do territorio galego, establecendo sinerxías entre o sistema portuario e os axentes turísticos
Rosa Quintana enxalza o compromiso da Fundación Expomar a prol da competitividade da pesca galega
A conselleira do Mar participou na presentación da XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2023, que se celebrará en Burela entre o 10 e o 13 de maio, das XXX Xornadas Técnicas e do XXIV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras
Galicia aproba os primeiros plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros que serán financiados con fondos Fempa
Os plans elaborados para 2023 polas oito OPP de ámbito autonómico existentes en Galicia contan cun orzamento de 3,5 millóns de euros e inclúen accións coas que perfeccionar a actividade extractiva, a produción dos distintos recursos mariños e a súa comercialización
A Xunta traslada ao sector do mar que a Lei de ordenación do litoral de Galicia aportará a seguridade xurídica que o Goberno central lle nega
A titular de Mar salienta que a normativa pretende dar garantías de futuro a un sector que se ve ameazado por distintas regulacións do Executivo do Estado para expulsar toda presenza humana do litoral sen avaliar o seu impacto socioeconómico
A Xunta apela á colaboración entre as institucións europeas en materia de control e inspección da actividade pesqueira
A titular de Mar avogou pola unión de forzas para erradicar a pesca non declarada e non regulamentada ao supoñer un prexuízo para os traballadores do mar e para a saúde dos propios consumidores
A Xunta apoiou o ano pasado con preto de 2 M€ máis de 20 proxectos de mellora nas infraestruturas portuarias da provincia de Pontevedra
A convocatoria de 2023 destas achegas sairá publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia por valor de 4,6 millóns de euros e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector
A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2023
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico desta especie
Galicia promove a pesca sustentable e a remuda xeracional con 1,5 M€ en achegas para melloras a bordo dos buques pesqueiros
Rosa Quintana expuxo que o Diario Oficial de Galicia publicará esta semana a convocatoria de axudas de 2023 a propietarios de buques pesqueiros galegos que fomenten unha actividade sostible
José Antonio Pérez Sieira é reelixido como presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores
O patrón maior da confraría de San Cibrao, Javier Sánchez, será o vicepresidente primeiro mentres que o patrón maior de Raxó, Iago Tomé, pasa a ocupar o cargo de vicepresidente segundo
A Xunta promocionará a calidade e versatilidade dos produtos do mar de Galicia mediante catro rutas de ‘foodtrucks’ e foros gastronómicos
A Consellería do Mar porá en marcha estes itinerarios nos que a campaña GALICIA SABE AMAR achegará degustacións a base de produtos certificados das rías galegas a máis de 200 localidades españolas