Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

20/07/2023 | 16:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,5 M€ as obras para a execución do treito do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense, desde Os Remedios ata Expourense

A previsión é iniciar a obra no paseo do Barbaña no último trimestre deste ano, co obxectivo de rematala a finais de 2024

19/07/2023 | 13:25 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 1,4 M€ a obra de demolición do Hotel de Doentes, necesaria para executar o novo anel perimetral que bordeará o Hospital Público da Coruña

Este novo contrato, cun prazo de execución de 7 meses, ten como obxectivo o derribo do actual edificio que ten 7.691 m2 divididos en 10 andares

19/07/2023 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita unha liña de autobús para facilitar o acceso ao Atlantic Fest os vindeiros 21, 22 e 23 de xullo

Prestará servizo desde a estación de Vilagarcía de Arousa ata a zona de acampada do evento, no lugar do Campanario

18/07/2023 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo, que suporán un investimento de 4,1 M€

Trátase de actuar nos 1,56 km da PO-323, desde o límite do termo municipal de Vigo co de Redondela ata o IES de Teis, completando a remodelación deste eixe vertebrador coas obras en execución da 1ª fase entre a avenida da Mariña Española ao instituto

18/07/2023 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas da provincia de Ourense ao seu paso por 17 concellos

Actuarase nunha lonxitude de máis de 120 km de vías autonómicas con actuacións puntuais nas estradas OU-193 e OU-801 en Cortegada, na OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo e demais concellos da traza, na OU-412 e na OU-101

17/07/2023 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a licitación este mes das 3 primeiras obras do novo hospital público da Coruña por máis de 60 M€ e a previsión de xerar máis de 900 empregos

O Goberno galego licita hoxe o contrato de redacción do proxecto construtivo e execución das obras dos accesos do ‘Novo CHUAC’, con 24,8 M€ de investimento e un prazo ata o 8 de setembro para a presentación de ofertas
 

17/07/2023 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada autonómica LU-121 entre Abadín e Cospeito

Os traballos, que se inician nesta vía autonómica, desenvolverase desde o quilómetro 0 ao 3+700, no seu percorrido polos municipios de Vilalba, Cospeito e Abadín
 

14/07/2023 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rematadas as obras de estendido do firme na autovía Santiago-Brión, a AG-56

A próxima semana procederase á execución das xuntas dos viadutos e á pintura, intervencións que só precisarán de cortes de tráfico nun dos carrís

14/07/2023 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza probas piloto con drons e intelixencia artificial para detectar con maior precisión os danos nos pavimentos das estradas autonómicas

Trátase dun sistema para a auscultación dos firmes das estradas a través das imaxes tomadas cun dron, que son procesadas con intelixencia artificial e permiten a xeración inmediata de informes sobre o estado de conservación da vía