Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

22/03/2023 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na reforma da residencia de estudantes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude no marco do futuro Espello do rural galego

José González lembrou que estes traballos na residencia -para os que se conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros- permitirán modernizar as instalacións e ampliar o número de prazas para atender a demanda existente

22/03/2023 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Trenor anima aos gandeiros a solicitar as axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

As achegas, que contan cun orzamento de 38,8 M€, procuran acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural

20/03/2023 | 16:34 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz avanzan na roza e posta a punto do polígono agroforestal de Solbeira

O encontro serviu para tratar esta figura, que prevé mobilizar 43 hectáreas e 317 parcelas propiedade de 208 propietarios que se destinarán á gandaría

20/03/2023 | 15:29 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural; C. de Economía e Industria

Rueda resalta que as novas instalacións de Inleit en Curtis van situar Galicia á vangarda da industria láctea e contribúen a que o leite galego poida transformarse na comunidade

Destacou a “gran oportunidade” que supón este proxecto para xerar valor engadido ao leite galego a través da súa transformación sen saír de Galicia

20/03/2023 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas da Política Agraria Común 2023 cun orzamento duns 217 millóns de euros

Deste montante global, uns 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 47 millóns coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema Integrado de Xestión e Control

19/03/2023 | 15:02 | C. do Medio Rural

A Xunta apela á colaboración dos gandeiros na campaña de vacinación preventiva e gratuíta fronte á lingua azul

Tras a detección de catro focos en Castro Caldelas, Sarreaus, Fornelos de Montes e As Neves, a vacinación é obrigatoria para bovinos e ovinos de máis de tres meses nas provincias de Ourense e Pontevedra e nas comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga
 

19/03/2023 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia os viños galegos de calidade na Feira Prowein da Alemaña

O evento -o máis importante do sector do viño en Europa- prolongarase ata este martes 21 na cidade de Düsseldorf
 

18/03/2023 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o pulo económico e social do sector lácteo galego, que xerou un valor de mercado de máis de 1.300 M€ o ano pasado

Ademais, o sector lácteo produciu no 2022 preto de tres millóns de toneladas de leite, que equivalen ao 41 % da produción española, indicou José Balseiros
 

18/03/2023 | 11:02 | C. do Medio Rural

A Xunta lidera un proxecto europeo para mellorar a resilencia ambiental das zonas rurais

A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asistiu esta semana en Estocolmo á reunión de posta en marcha desta iniciativa que permitirá impulsar a cooperación de Galicia con outras rexións para promover políticas e instrumentos que permitan xestionar, manter e mellorar o capital natural das zonas rurais
 

17/03/2023 | 13:33 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén subliña o compromiso da Xunta co tecido agrario da provincia de Ourense

O delegado territorial lembrou que se amplía o prazo de presentación de solicitudes
ata o vindeiro 27 de marzo