Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

26/07/2023 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 1,3 M€ a execución do tramo do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense na avenida das Caldas, desde a intermodal ata a Ponte Romana

Esta nova intervención, xunto coa adxudicada no paseo do Barbaña a semana pasada, forma parte das actuacións para a conformación dun itinerario de 5,1 km que conectará os principais equipamentos da cidade, de norte a sur, cun investimento global de 8 M€

26/07/2023 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación da senda cara ao Hospital Clínico Universitario de Santiago desde o eixe de mobilidade sostible O Milladoiro-Intermodal, cun investimento de máis de 1 M€

Executarase un itinerario de 1.130 metros no eixe Conxo-Hospital Clínico, entre o antigo túnel de Adif e o barrio de Santa Marta, unindo numerosos puntos de interese da cidade, ao longo do eixe de mobilidade norte-sur

26/07/2023 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a encomenda a Seaga da mellora do sistema de abastecemento e saneamento do núcleo urbano da Gudiña, que suporá un investimento de case 210.000 euros

Executarase a renovación das conducións das redes municipais nas rúas Cima da Aldea e Fonte Filgueira que, xunto ás que xa se se teñen realizado na contorna, permitirán a modernización destes servizos nas principais rúas da vila

24/07/2023 | 14:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica, por preto de 1,6 M€, as obras de rehabilitación para construír 5 viviendas protexidas na rúa Carme Curuxeiras de Ferrol

Rehabilitarase un edificio no número 8 e construirase outro no inmoble localizado nos números 22-24

23/07/2023 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64 en Narón, e na estrada OU-209, en Leiro

Continuarán as actuacións en execución desde a pasada semana na AG-64 en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz

21/07/2023 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de mellora dun camiño en Sarreaus

As actuacións enmárcanse na 2ª Fase do Plan extraordinario de reparación de camiños, dotado con 550.690,23 euros a través dun convenio entre e Consellería do Medio Rural e 9 concellos da comarca da Limia para o arranxo dos mesmos que faciliten a comunicación aos agricultores e gandeiros locais desta bisbarra ourensá

21/07/2023 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 550.000 € na mellora e reparación do estadio municipal da Malata en colaboración co Concello de Ferrol

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinaron o acordo para reforzar a seguridade dunhas instalacións deportivas emblemáticas para cidade ferrolá

21/07/2023 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co rural a través da mellora das súas infraestructuras que facilitan a vida dos habitantes do agro

O conselleiro do Medio Rural visitou as obras de rehabilitación da ponte do Río Cabalar, que favorecen o tránsito entre dúas aldeas do concello coruñés de Vilasantar

21/07/2023 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta encomenda a Seaga as obras de mellora do saneamento e abastecemento de Laza, que se iniciarán en agosto cun investimento de máis de 167.000 euros

Vázquez Mourelle salienta que o obxectivo é dotar aos veciños de Laza de servizos municipais da auga máis eficientes, coa mellora e renovación da rede de abastecemento e coa dotación de rede de saneamento separativa na rúa Barrio