Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

24/03/2023 | 10:38 | Axencia de Turismo de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica a ampliación de prazo para a solicitude das axudas para actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos ata o 2 de maio

Estas axudas, dotadas de 7,8 M€, están destinadas a hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos

23/03/2023 | 18:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e empresarios de Ponteceso traballarán da man para conectar oferta con demanda de traballo e dar resposta ás vacantes do mercado laboral

A Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ao sistema de difusión de ofertas do Servizo Público de Emprego de Galicia tras a sinatura hoxe do protocolo de adhesión a esta iniciativa do Goberno galego

23/03/2023 | 17:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda vías de colaboración para desenvolver iniciativas en materia de economía circular co Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

Sagrario Pérez mostrou especial interese pola investigación que realiza sobre materiais de construción sostibles, como, por exemplo, o desenvolvemento de novas formulacións a partir de residuos, biomateriais ou refugallos da construción

23/03/2023 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avaliará a solicitude que Ence ten previsto solicitar en breve para tramitar a planta das Pontes como proxecto industrial estratéxico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que esta figura permite a redución de prazos, incluíndo a concesión da licenza de obra

23/03/2023 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o labor de UNICEF en materia humanitaria e de cooperación exterior con 1,5 M€ nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe co presidente executivo de UNICEF España

23/03/2023 | 15:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia que a Xunta estuda a fórmula para crear un canon que grave as liñas de evacuación da eólica mariña

Defende este gravame dentro da nova lei de recursos naturais, que comezou hoxe a súa tramitación no Consello do Goberno galego

22/03/2023 | 20:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca o bo comportamento do sector galego da automoción, que pechou 2022 coa cifra de negocios no seu nivel máis alto e con récord de exportacións

Reclama que Stellantis Vigo poida acceder á nova convocatoria do Perte do vehículo eléctrico e conectado, tras quedarse sen asignar máis de 2.000 M€ de fondos europeos na primeira edición

22/03/2023 | 14:12 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o esforzo de Aguas de Mondariz por marcar a diferenza e a súa contribución á expansión da marca Galicia Calidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Baiona no acto de conmemoración do 150 aniversario desta marca que impulsou o desenvolvemento económico e social da contorna

22/03/2023 | 13:58 | C. de Economía e Industria

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia achega aos máis novos o seu labor na Semana da Administración Aberta

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañou ao alumnado da Casa do Neno de Santiago que visitou as instalacións do ICGG, onde realizaron diferentes actividades para coñecer os seus dereitos como persoas consumidoras

22/03/2023 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

ueda anuncia que a Xunta avaliará os efectos sociais e económicos dos proxectos de cara ás declaracións de impacto ambiental

Adianta que así se recollerá na nova lei sobre aproveitamento dos recuros naturais, que comezará mañá a súa tramitación no Consello do Goberno galego