Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

26/03/2023 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta anuncia a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Vilatuxe, en Lalín

Desta forma, dáse un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, xa que só queda pendente aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso

26/03/2023 | 11:50 | C. do Medio Rural

A Xunta deu a coñecer en Madrid as vantaxes que brinda a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

O subdirector de Mobilidade de Terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 1ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas

25/03/2023 | 16:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a feira Magreco de Boimorto é o escaparate por excelencia das novidades industriais máis actuais arredor do sector primario

José González sinalou que este certame é o mellor espazo para intercambiar experiencias, impresións e coñecementos sobre asuntos de interese para a mellora das explotacións agropecuarias e forestais

25/03/2023 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta remata os actos do Día Internacional dos Bosques cunha plantación simbólica na nova ruta granítica de Moura, en Nogueira de Ramuín

O director xeral destacou que o Plan Forestal de Galicia busca promocionar o uso social e turístico do monte, mediante o establecemento dunha rede de infraestruturas verdes en contornas urbanas e en zonas de especial interese paisaxístico

24/03/2023 | 14:44 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén destaca o investimento da Xunta de máis de 4,2 M€ na provincia de Ourense a través do Plan de mellora de camiños rurais

O delegado territorial da Xunta explicou que o Plan de mellora de camiños rurais, persegue a mellora de infraestruturas co gallo de xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo no medio rural

24/03/2023 | 14:22 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o aumento do orzamento nas axudas da PAC e a súa aposta pola agricultura ecolóxica e o sector cárnico

José Balseiros destacou que se elevaron ata os 9 millóns anuais as axudas de agricultura ecolóxica -tras o acordo coas organizacións agrarias e co Craega- chegando a un presuposto total para a PAC 2023 duns 217 millóns

24/03/2023 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca que a Xunta prevé acadar a trintena de procesos de concentración parcelaria rematados no primeiro semestre deste ano

Lembra que coa parcelaria de Montaos se acadan xa os 26 procesos pechados desde 2020 e que —no primeiro semestre— se prevé alcanzar tamén as 30 novas concentracións decretadas desde 2021

24/03/2023 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta fai pública a aprobación dos proxectos de ordenación produtiva das aldeas modelo de Carzoá e O Seixo

Na aldea modelo de Carzoá, en Cualedro, perfílase como actividade principal os cultivos de horta e de ciclo curto e explotación gandeira

24/03/2023 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os viños, augardentes e licores tradicionais galegos na segunda edición de Revera Vinum

O certame celebrarase os próximo 27 e 28 de marzo en Santiago de Compostela e está promovido pola Asociación Hostalería de Galicia

23/03/2023 | 17:52 | C. do Medio Rural

A Xunta dinamiza o núcleo rural da aldea modelo de Trascastro, no concello do Incio, para contribuír ao seu desenvolvemento económico e á fixación de poboación

A aldea modelo de Trascastro foi a primeira decretada na provincia de Lugo e abrangue unha superficie de 14 hectáreas dividida en 136 parcelas, propiedade de 82 veciños