Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

03/03/2023 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reclama ao Goberno central que recolla na acta da conferencia sectorial que rexeitar a estratexia do lobo non implica perder o dereito a recibir fondos

Do Campo lamenta que non se recolleu con exactitude a intervención da ministra e que isto permitiu unha “interpretación torticeira” que supuxo a non transferencia a Galicia dos 4,3 M€ que lle corresponden dos orzamentos de 2022 para os gandeiros
 

03/03/2023 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou máis de 25.800 raios en 2022, un 19 % máis que o ano anterior

Ángeles Vázquez presenta o avance do balance climatolóxico do pasado mes de febreiro, que se caracterizou por ser moi seco con temperaturas máximas moi altas e mínimas moi baixas

01/03/2023 | 20:17 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas medicións, o lume afectou a 0,28 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

28/02/2023 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emitiu máis de 1.200 informes en materia paisaxística o ano pasado e completou o Pacto pola paisaxe da Ribeira Sacra

Ángeles Vázquez avanza que en 2023 o Instituto de Estudos do Territorio participará en dous proxectos europeos sobre infraestruturas verdes, un deles con Portugal

28/02/2023 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima o anteproxecto de lei de ordenación do litoral de Galicia coa tramitación de todas as alegacións recibidas

Ángeles Vázquez salienta o esforzo do Goberno galego para que esta nova lei sexa o máis consensuada e participada posible

27/02/2023 | 15:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama licita por máis de 3,7 M€ o acondicionamento e instalación de paneis fotovoltaicos no almacén de combustible do complexo de Cerceda

O contrato contempla a xestión integral de todo o proceso, desde a elaboración do proxecto de execución ata a posta en marcha da nova infraestrutura fotovoltaica

25/02/2023 | 10:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ao concello de Vilanova de Arousa a solicitar as axudas para a construción de puntos limpos que se convocarán este ano

En 2022 o Goberno galego ofreceu xa incentivos económicos para construír ou mellorar este tipo de instalacións municipais, da que se beneficiaron un total de 30 proxectos

24/02/2023 | 14:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o potencial dos sendeiros con bandeira azul para atraer viaxeiros e fortalecer o sector turístico

Agradece que Galicia fora elixida para a entrega dos galardóns que recoñecen os valores naturais e patrimoniais de 600 quilómetros a través de dez Comunidades autónomas

24/02/2023 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta constitúe o Consello da calidade do aire de Galicia co obxectivo de optimizar o intercambio de ideas e a información que se ofrece á cidadanía

Este novo órgano está formado por todas as partes interesadas nesta cuestión para canalizar as súas expectativas, valoracións e suxestións neste eido

23/02/2023 | 13:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por levar o concepto de economía circular máis alá dos residuos e avanza no primeiro manual de contratación ecolóxica de Galicia

Sagrario Pérez salienta a oportunidade que ofrecen os fondos europeos para investir en proxectos clave para superar o modelo económico lineal e incide na importancia de que todas as administracións sumen esforzos co fin de reducir a produción de residuos