Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

30/01/2023 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva coidados gratuítos en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de Lalín

As consultas están dirixidas a persoas maiores de 55 anos, que deben pedir unha cita previa a través dos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992 ou do enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

30/01/2023 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 200.000 € ao concello da Lama para a creación de 26 prazas de atención residencial e diúrna

Este novo centro ofrecerá seis prazas de atención residencial e 20 de centro de día para que as persoas maiores desta localidade conten con servizos ao carón dos seus fogares

29/01/2023 | 10:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo o labor de inclusión social que fai Apamp a través da artesanía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, onde se presentou a marca A Casa Rodante, coa que se comercializan as pezas elaboradas polos usuarios desta entidade

28/01/2023 | 14:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que as Casas do Maior consolidan un modelo de envellecemento de proximidade da máxima calidade

Galicia ten hoxe en funcionamento máis dun centenar destes centros, superando as 500 prazas de atención diúrna gratuíta en concellos onde antes non existían estes servizos

28/01/2023 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega máis de 140.000 euros a financiar programas postos en marcha por entidades de acción voluntaria

Deben desenvolver proxectos en áreas como a sensibilización, a formación e a coordinación dentro do voluntariado a través de diferentes actividades como xornadas de aprendizaxe, seminarios ou campañas, entre outros

28/01/2023 | 10:22 | A Presidencia da Xunta

Rueda afirma que as axudas pioneiras de ata 12.000 € anuais da Xunta para enfermos de ELA son “de xustiza” e anima ao Goberno central e a outras CC.AA. a aplicalas

Subliña que as achegas, con efecto retroactivo desde xaneiro, facilitarán que os beneficiarios poidan facer fronte a gastos de alimentación, coidados, rehabilitación, compra de material sanitario e accesibilidade dos fogares

27/01/2023 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a calidade na atención do centro de protección de menores de Mondoñedo

A Consellería de Política Social e Xuventude destina este ano un total de 533.000 euros ao mantemento deste recurso que dispón de 17 prazas de atención

27/01/2023 | 11:41 | C. de Política Social e Igualdade
26/01/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaborarán para facer máis accesibles os espazos naturais da comunidade

A FAPXG ofrecerá un servizo de intérpretes de lingua de signos e de guías-intérpretes en eventos, actos e percorridos para dar a coñecer estas zonas

26/01/2023 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta distribúe 19,1 M€ con cargo ao recadro social do IRPF para apoiar a 132 entidades na atención a persoas vulnerables

Esta orde permitirá a posta en marcha de preto de 600 programas de atención a persoas en risco de exclusión, a maiores e persoas con discapacidade, á infancia e tamén de promoción do voluntariado