Actualidade
Buscador de novas
A Xunta financia melloras na escola infantil pública de Coristanco por un valor próximo aos 20.000 euros
Melloraranse as fachadas e as instalacións de calefacción e fontanería do centro
Ethel Vázquez destaca o investimento de 726.000 euros da xunta na senda na estrada AC-301 en Rois, que lles facilita aos veciños desprazamentos cómodos e seguros
A senda, que comeza na contorna das naves do polígono industrial de Padrón, conecta coas beirarrúas existentes no núcleo de Rois, ao longo dun treito da estrada que rexistra un elevado tránsito a pé
O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras de humanización do entorno da Casa Cuartel, en Esgos
Esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o concello, que supuxo un investimento total de preto de 216.000 euros, cunha aportación da Xunta de máis de 151.000 euros
A Xunta recibe 24 ofertas para o servizo de revisión de seguridade das presas de Baiona, Eiras, O Con e Caldas de Reis, as 4 de titularidade autonómica
Este contrato, dividido en catro lotes e cun investimento global de 422.000 euros, recibiu 6 ofertas de empresas para o servizo en cada presa
A Xunta inicia a mellora da varanda do paso de ferrocarril na OU-622, no Barco de Valdeorras, que completa a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na avenida do Bierzo
As actuacións consisten na colocación dun pasamáns e novos pilares, así como na instalación dunha nova varanda similar á existente en varios puntos
A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada AC-240 en Touro, que amplía e dá continuidade ao itinerario entre Burres e Ponte Ulla
A intervención supuxo un investimento autonómico de preto de 58.000 euros
A Xunta avanza que este verán completará o saneamento da ría de Viveiro e do núcleo de Celeiro logo dun investimento de case 8 M€
Ethel Vázquez destaca que as infraestruturas construídas para a condución e impulsión ata a depuradora de Viveiro das augas residuais de Celeiro están case finalizadas poderán poñerse en servizo en setembro
A Xunta afronta a fase final das obras de mellora do tramo de concentración de accidentes da estrada PO-403 ao seu paso por Ponteareas
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, supervisou o fin dos traballos nunha visita xunto á alcaldesa, Nava Castro, e destacou a sensibilidade do goberno galego para incorporar melloras que atendían ás demandas veciñais
As obras de reurbanización da Avenida Rodríguez de Viguri de Santiago farán necesario o corte do tráfico na rúa desde o 31 de xullo ata o 1 de setembro
Este peche da circulación permitirá que poidan traballar dous equipos de xeito simultáneo co fin de avanzar con maior axilidade nas obras
A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello do Barco de Valdeorras do treito inicial da estrada OU-622, coincidente coa avenida do Bierzo
Transfírese o treito urbano de algo máis de 1,2 quilómetros de lonxitude desta vía autonómica, entre a avenida Manuel Quiroga e o entronque coa rúa San Francisco Blanco, incluíndo as obras de paso viarias sobre o ferrocarril e o río Cigüeño