Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.008 novas da área temática Áreas temáticas:

01/07/2024 | 15:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo reúnese con Xavier Castro e destaca o investimento de case 2 M€ realizado o ano pasado pola Xunta neste concello

A delegada e o rexedor repasaron as actuacións e liñas de axudas previstas no marco de colaboración da Xunta con este municipio

01/07/2024 | 15:26 | A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Consello Consultivo de Galicia que valore a posibilidade de que o Goberno galego recorra a Lei de amnistía

Entrega un completo análise da normativa que amosa as razóns para presentar un recurso de inconstitucionalidade

01/07/2024 | 15:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo supervisa as obras dos novos camiños na zona de concentración parcelaria de Fisteus nos que se investiron máis de 600.000€

A delegada da Xunta destacou que é a concentración parcelaria máis grande da historia de Galicia e contou cun investimentos de máis de 4,5 millóns de euros desta concentración, 3,6 millóns destináronse a infraestruturas e o resto a asistencias técnicas

01/07/2024 | 14:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo agradece a implicación do sector na Feira do Libro de Vigo

O director xeral de Cultura participa na inauguración da sétima parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia

01/07/2024 | 14:46 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural
01/07/2024 | 14:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta que a Xunta activa 18 M€ para que o sector galego da automoción continúe á vangarda con apoios a proxectos de investimento e eficiencia enerxética

Destaca que o obxectivo é apoiar á industria “nunha das súas grandes transformacións” nesta fase de transición cara unha mobilidade sostible

01/07/2024 | 14:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba o manifesto que asinará mañá de xeito conxunto coa CCDR-N para reclamar o impulso do AVE entre Galicia e Portugal

Rueda resalta que a alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa é “un asunto absolutamente capital” que contribúe á vertebración territorial e ao desenvolvemento social e económico de España e Portugal

01/07/2024 | 14:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a colaboración con entidades sociais de Galicia para garantir a protección das persoas consumidoras máis vulnerables

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asinou hoxe en Santiago de Compostela convenios de colaboración con nove asociacións para o desenvolvemento de actividades de carácter formativo e informativo

01/07/2024 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou durante o acto de benvida a importancia de apoiar o talento novel na narrativa galega contemporánea

01/07/2024 | 13:26 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 75 persoas por 58 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 28 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 30 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico