Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 78 novas da área temática Familias:

13/11/2023 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta adhire as tendas de Ikea en Galicia á Tarxeta Benvida para que as familias poidan empregala na compra de produtos para os seus bebés

Os seus beneficiarios poderán facer uso dela a partir do 1 de decembro nas instalacións da Coruña e tamén nas oficinas de Santiago, Vigo e Ourense

09/11/2023 | 10:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subvenciona o servizo de comedor nas escolas infantís de iniciativa social con máis de 1,2 M€

Estas axudas permitirán que máis de 1.900 familias que levan os seus nenos a estes centros paguen o comedor en función da súa renda

08/11/2023 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía as prazas de 0 a 3 anos en Chandrexa de Queixa coa apertura dunha casa niño

O orzamento de 2024 contempla outros 3 millóns de euros para seguir ampliando esta rede pública de recursos de conciliación en concellos que non teñen escolas infantís

03/11/2023 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aplaude o compromiso das familias e entidades que participan nos programas de acollemento de nenos e adolescentes

O Goberno galego volve incrementar os fondos destinados a acollemento familiar, que acadan no orzamento do vindeiro ano os 6,5 millóns de euros

27/10/2023 | 16:19 | C. de Política Social e Igualdade
24/10/2023 | 19:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que a gratuidade das escolas infantís converteu a Galicia en líder nacional na escolarización de 0 a 3 anos

No primeiro ano de implantación desta medida a taxa de escolaridade mellorou en case nove puntos con respecto ao curso anterior ata situarse no 56%, dez puntos máis que a media nacional e moi superior ao 19% do ano 2009

23/10/2023 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor a situación de estabilidade de Galicia que permite aprobar os orzamentos da Xunta en tempo e forma para apoiar as empresas e as familias

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou nun coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Vigo as medidas do Goberno galego para axilizar a tramitación de proxectos industriais estratéxicos co obxectivo de xerar emprego e favorecer o crecemento económico

22/10/2023 | 11:22 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Vacacións en familia da Xunta superou este verán as 2.100 persoas beneficiadas e as 12.000 pernoitas nas residencias de Panxón e O Carballiño

A través desta iniciativa, ofrécese ás familias a posibilidade de ter unha estadía de verán de seis días nalgún destes dous centros públicos, a prezos moi económicos e en réxime de pensión completa

17/10/2023 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo traslada ás federacións deportivas os beneficios do Bono Deporte para fomentar a práctica de actividade física

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes informoulles que se reservarán 16,2M€ nos orzamentos de 2024 para este bono de 120 euros
 

14/10/2023 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta salienta o labor dos centros sociocomunitarios de Vigo con actividades para máis de 30.000 persoas ao ano

Ana Ortiz mantivo unha xuntanza coas directoras dos seis centros sociocomunitarios que xestiona o Goberno galego en Vigo: Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi Margall, Teis e O Calvario