Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

03/05/2024 | 17:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/05/2024 | 16:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello de Vigo xa traballa na rehabilitación de tres edificios con trece vivendas

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, avanzou que as novas actuacións serán en Berbés 39,  Elduayen 39-Ferrería 36, e rúa Alta 10, 12 e 14

30/04/2024 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a colaboración co Consello da Avogacía Galega para a prestación de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda

O acordo de cooperación inclúe como novidade un servizo de intermediación entre as persoas en situación de vulnerabilidade económica que están en risco de perder a súa vivenda habitual e grandes tenedores

29/04/2024 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/04/2024 | 19:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sinala como obxectivo central e prioritario da lexislatura chegar a poñer á disposición dos cidadáns 8.000 vivendas de promoción pública para duplicar o parque actual

Martínez Allegue tamén remarca o obxectivo da Xunta de impulsar o desenvolvemento de solo residencial para 20.000 inmobles protexidos

18/04/2024 | 18:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas da medida para o mercado de alugueiro

Heriberto García lembra que a lei estatal de Vivenda achega máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional 

17/04/2024 | 16:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza o inicio da tramitación para o cambio de uso de solo para permitir a construción de 500 vivendas protexidas en Xuxán

María Martínez avanza que a Xunta destinará este ano máis de 37 M€ a axudas para mellorar a eficiencia enerxética nas vivendas galegas

16/04/2024 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada OU-311 ao paso polo concello da Mezquita

Esta actuación forma parte dun contrato que inclúe o acondicionamento da capa de rodaxe noutras 3 estradas nos municipios de Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio, cun investimento global de 1,2 M€

12/04/2024 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 400.000 euros os contratos de control de calidade das obras de construción de máis de 350 vivendas de promoción pública

O concurso refírese ao seguimento dos traballos en dez promocións que se levantarán na Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo

08/04/2024 | 12:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os interesados en adquirir algunha das 369 prazas de garaxe e 142 locais comerciais que vai poxar a Xunta poderán presentar ofertas a partir do mércores

O Diario Oficial de Galicia publica mañá o anuncio do procedemento, que estará aberto ata o 9 de maio, para puxar por estes inmobles localizados en edificios de vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo