Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 150 novas da área temática Urbanismo:

04/10/2023 | 18:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora nas melloras dos locais das asociacións veciñais viguesas Camiño Vello e Cristo da Victoria con achegas que suman case 30.000 euros

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para comprobar as obras realizadas e o equipamento adquirido

03/10/2023 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Gabriel Alén salienta a contribución da Xunta ao embelecemento da provincia de Ourense

Na provincia de Ourense, 24 concellos e 89 cidadáns se beneficiaron este ano das axudas convocadas para a corrección de impactos paisaxísticos en equipamentos municipais e en vivendas e propiedades particulares, por importe de 747.765,76 €

29/09/2023 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía o alcance das obras de reurbanización da avenida Rodríguez de Viguri prolongando o carril bici ata a zona das Cancelas

Esta ampliación, sumada ao itinerario entre O Milladoiro, a intermodal e San Caetano, completará unha conexión que incluirá o complexo administrativo, a zona de Área Central, o Multiusos do Sar e os hospitais

26/09/2023 | 19:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Covelo destinan máis de 150.000 € á humanización da contorna da praza da Ermida

Ángeles Vázquez explica que esta actuación se levará a cabo ao abeiro do Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar aos municipios a financiar este tipo de proxectos que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

26/09/2023 | 13:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na súa aposta por un urbanismo responsable e sostible coa aprobación inicial do plan básico municipal de Punxín

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo xeral desta ferramenta urbanística é acadar un uso racional do territorio e a protección dos seus valores naturais e patrimoniais

22/09/2023 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 107.000 euros a obra de humanización da praza Eladio Rodríguez, en Leiro

Os traballos consistirán na pavimentación da zona, na renovación de mobiliario e a colocación de xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda