Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

07/05/2024 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa desde mañá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender os viaxeiros afectados polo peche temporal da terminal de Peinador

A Xunta activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Goberno central que promove a obra na pista de Peinador

06/05/2024 | 15:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que a Xunta aproba a Estratexia Galega de Mobilidade para garantir desprazamentos sustentables co apoio da innovación tecnolóxica

Resalta que estará dotada de 420 M€ para implantar un centenar de medidas ata 2050 que fomenten unha mobilidade máis “sostible, segura e funcional”

05/05/2024 | 16:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862 ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove

Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra

03/05/2024 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta optimiza desde este luns os horarios de dous servizos de autobús entre Ourense e Lugo para axustalos ás xornadas laborais dos usuarios recorrentes

Os axustes atenden a petición das persoas que se desprazan a diario por traballo, de xeito que os horarios se adaptan ás súas xornadas durante todo o ano

02/05/2024 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que conta cun total de 75 prazas de estacionamento

O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000 €

27/04/2024 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno central en materia de servizos ferroviarios como a prolongación do corte da vía entre Monforte e Ourense

O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer as causas dos retrasos en distintas infraestruturas e servizos comprometidos para Galicia 

26/04/2024 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita dende este luns os desprazamentos de Santiago ata o lugar da Agrela en Teo mediante o transbordo na Ramallosa

O servizo con saída ás 21,30 horas da Ramallosa e destino O Espiño atrasará a súa saída en 15 minutos para facilitar enlace dos usuarios procedentes de Compostela que se dirixan cara á Agrela nesa franxa horaria

26/04/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á mocidade o uso do transporte público gratuíto

A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar

24/04/2024 | 16:09 | A Presidencia da Xunta

A Xunta úrxelle ao Goberno central a avanzar de xeito decidido na execución do Corredor Atlántico

Lamenta que o Goberno galego non recibise comunicación da presenza hoxe do comisionado nos portos da Coruña e de Ferrol para poder abordar as necesidades nestas infraestruturas estratéxicas nas conexións do noroeste peninsular   

14/04/2024 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada OU-540, que comunica Ourense e Lobios

Na provincia ourensá continuarán as intervencións en marcha na OU-801, entre Pontebarxas e Ribadavia; ou na OU-101 no municipio de Ourense