Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

21/10/2023 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 135.000 € a obra de humanización da contorna da praza da Ermida, en Covelo

A intervención consistirá no redeseño da rede viaria, na instalación de mobiliario urbano e na corrección de impactos paisaxísticos, entre outros traballos

16/10/2023 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Piñor poñen á disposición da veciñanza un edificio de usos múltiples

Cun investimento de máis de 500.000 €, a obra acometeuse ao abeiro do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

09/10/2023 | 12:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete durante un mes a información pública o Plan de xestión da paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Laxe e Vimianzo

Poderase consultar e presentar achegas no portal de transparencia e na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

05/10/2023 | 17:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo fomento da cooperación municipal para mellorar a eficiencia na prestación dos servizos públicos á cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, lembrou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta colabora coa Fundación Juana de Vega e as tres universidades galegas nun estudo que analiza desde un punto de vista multidisciplinar a reforma do mapa municipal galego e o impulso de novos procesos de fusión municipal

05/10/2023 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo entrega catro novas vivendas de promoción autonómica na rúa Real

A delegada da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, destaca a posta a disposición dos vigueses de vivenda protexida

03/10/2023 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe a convocatoria dos actos expropiatorios para a mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade da Coruña

Actuarase nas paradas da zona oeste de acceso á cidade situadas en 6 vías autonómicas ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños

28/09/2023 | 18:46 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel histórico de Galicia na globalización a través da emigración, a actividade empresarial ou o Camiño de Santiago

Subliña a contribución dos galegos do exterior no crecemento económico dos países de destino aos que levaron as tradicións da comunidade e a unión entre peregrinos de diversas orixes que desde hai séculos promove a ruta xacobea

26/09/2023 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que Galicia leva a dianteira na loita contra o despoboamento e o reto demográfico

O Goberno galego impulsou iniciativas pioneiras a nivel nacional para atender a esta situación desde o ámbito político, lexislativo e de actuación

23/09/2023 | 11:08 | C. do Medio Rural

A Xunta establece para o 14 de decembro a toma de posesión dos predios de substitución da parcelaria de Tremoedo, en Vilanova de Arousa

Así o determina unha recente resolución da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural