Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

14/06/2024 | 18:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta un caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Oleiros

Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático

14/06/2024 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Ribeira e Rianxo

O lume no municipio ribeirense produciuse durante os traballos de roza agrícola e o rexistrado en Rianxo debido a unha neglixencia durante unha queima

14/06/2024 | 09:11 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 6 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 5 foron de monte arborado e 1 de raso

13/06/2024 | 19:26 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada o seu labor e compromiso a prol da mellora da clasificación microbiolóxica das zonas de produción marisqueira de Cedeira e Valdoviño

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha reunión con representantes de ambos concellos e a confraría de Cedeira para analizar a situación dos bancos marisqueiros da ría e posibles medidas para mellorala

13/06/2024 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel dos escolares galegos como referentes do compromiso e da conciencia ambiental

Ángeles Vázquez lembra que os nenos e nenas participantes na primeira edición desta iniciativa seguen contribuíndo como adultos ao coidado do patrimonio natural de Galicia

12/06/2024 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra en Lugo a Semana da Administración Aberta cunha mesa redonda sobre as últimas rehabilitacións da catedral

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dará a coñecer o froito das investigacións  arqueolóxicas e guiará unha visita ás recentes intervencións no templo e á Domus do Mitreo

12/06/2024 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora o compromiso ambiental da comunidade educativa, que, ao abeiro do concurso Pilabot, aportou o 13% das pilas recollidas en 2023 en toda Galicia

Ángeles Vázquez salienta que os 32.000 alumnos dos 150 centros de primaria e secundaria participantes nesta edición recuperaron máis de 40.300 quilos de pilas, acumuladores e baterías usadas

12/06/2024 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 26 M€ a executar 13 actuacións para preservar e restaurar os ecosistemas na Rede Natura de Galicia

Ángeles Vázquez salienta o compromiso do Executivo galego co patrimonio natural galego e en especial, coas zonas protexidas, que representan o 42% do territorio

12/06/2024 | 11:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre mañá o prazo para pedir as axudas para cubrir os gastos de adopción de animais abandonados, que facilitarán un fogar a un milleiro de cans e gatos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se convocan axudas de ata 150 euros ás persoas que adopten un animal doméstico de compañía procedente dalgún dos centros de recollida autorizados na comunidade