Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

09/02/2024 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a participación da peme de Castro de Rei Agroamb en proxectos de I+D+i europeos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a compañía para animar ao tecido produtivo a concorrer a convocatorias estatais e europeas de financiamento da I+D+i, complementarias ás axudas da Axencia

06/02/2024 | 13:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta ás pemes ferrolás as axudas para impulsar a súa innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na última das xornadas informativas que percorreron as catro provincias galegas

06/02/2024 | 09:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica a convocatoria de axudas do programa Investigo que destina 5M€ á contratación de mozos desempregados en actividades de I+D+i

As axudas, que se poden solicitar desde mañá e ata o 6 de marzo, diríxense a empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e/ou que traballen en investigación e innovación

05/02/2024 | 15:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta as vocacións científicas entre o estudantado con motivo do Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, impartiu unha charla a alumnado de 4º da ESO do Colexio Maristas de Lugo para animalo a facer unha elección non sesgada dos seus estudos e liberarse dos estereotipos de xénero

29/01/2024 | 15:27 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a importancia da regulación da intelixencia artificial

A directora da Escola Galega de Administración Pública participou na clausura do XVIII Congreso da AEPDA, dedicado ao Dereito Administrativo na era da intelixencia artificial

27/01/2024 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para o fortalecemento e ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos

A Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, apoia a creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación co obxectivo de potenciar a súa excelencia, reforzar a transferencia cara ao tecido produtivo e xerar capacidades nos ámbitos de especialización de Galicia

25/01/2024 | 14:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ás pemes lucenses dos programas ao seu dispor para impulsar a innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na xornada informativa celebrada en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo para explicar as convocatorias abertas ou próximas a publicar

24/01/2024 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza un webinario para informar da convocatoria destinada a proxectos de gases renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participará neste encontro informativo que se celebra mañá

23/01/2024 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta da empresa viguesa Selmark por redeseñar e incorporar novos procesos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitaron a empresa de lencería, que está desenvolvendo un plan de innovación co apoio do programa InnovaPeme