Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

19/01/2024 | 16:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o papel do comité científico asesor en materia de plásticos para crear sinerxías que sitúen a Galicia como referente neste eido

Ángeles Vázquez agradece a súa implicación aos 16 expertos e profesionais ligados ao medio ambiente e ao mar que integran inicialmente o novo organismo e ofrece compartir co resto de comunidades os resultados e conclusións do seu traballo

12/01/2024 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima un plan de choque na loita contra a avespa velutina co obxectivo de adiantar a retirada de niños

Responsables das vicepresidencias Primeira e Segunda así como da Consellería do Medio Rural mantiveron unha xuntanza para concretar novas liñas de traballo

09/01/2024 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/01/2024 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 3,1 M€ á subministración de 108 vehículos para renovar parte do parque móbil dos servizos de patrimonio natural e recuperación de fauna

O contrato permitirá dotar ao persoal de camionetas estilo pick-up, coches SUV 4x4, furgonetas e vehículos todoterreo para facilitar o seu labor nas zonas forestais ou de difícil acceso nas que adoitan actuar

29/12/2023 | 11:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o sector hostaleiro colaborarán no fomento da reciclaxe e a correcta separación de residuos

Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa se desenvolverá nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo no ámbito da restauración, en aloxamentos e en locais de ocio nocturno

28/12/2023 | 15:31 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta creará un novidoso mercado voluntario de créditos de carbono, para que as empresas poidan compensar a súa pegada de CO2 e camiñar cara a neutralidade carbónica

O obxectivo é que tanto o tecido empresarial como os cidadáns poidan contribuír a loita contra o cambio climático mediante a financiación de proxectos sostibles impulsados por gandeiros ou silvicultores

26/12/2023 | 16:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cede ao Concello de Mañón a xestión do Observatorio Ornitolóxico de Estaca de Bares

Do Campo lembra que este observatorio é o único refuxio público de uso público e gratuíto que permite a pernoita en Galicia

26/12/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 90.000 € ás axudas para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia

Este financiamento pode cubrir ata o 100 % do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación

25/12/2023 | 12:45 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 64.200 euros a acondicionar a ruta de sendeirismo dos Lagos de Teixeiro e a súa contorna

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se propón un percorrido de 9,1 quilómetros, con dúas variantes máis sinxelas, e un miradoiro no alto do Monte Castelo

25/12/2023 | 10:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mero no concello de Cambre

Estes traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos