Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 86 novas da área temática Audiovisual:

18/05/2023 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Chega aos cinemas "Sica", produción de Miramemira rodada na Costa da Morte con subvención da Xunta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asisten á súa preestrea en Carballo na véspera da súa entrada no circuíto comercial

16/05/2023 | 15:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha trintena de alumnos de seis centros de FP galegos participan nun programa pioneiro de formación audiovisual de Netflix e Fad Juventud

A Xunta e a produtora Vaca Films colaboran con Netflix e a fundación FAD Juventud neste proxecto, en cuxo deseño tamén participou a produtora Zeta Studios

12/05/2023 | 10:58 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración inaugura en Lisboa o novo ciclo Mestre Mateo que achega o cine feito en Galicia aos centros galegos do exterior da man da Academia Galega do Audiovisual

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende maio a novembro os mellores documentais e películas dos premios do cine galego do mesmo nome

09/05/2023 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro de Santiago acolle a Matarile para 10 funcións de "Fráxil", en coprodución co Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid

A nova proposta da compañía compostelá foi estreada o pasado venres neste mesmo espazo como parte da programación do festival Escenas do Cambio

06/05/2023 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colaborará coa Federación de Cineclubs para desenvolver 18 ciclos e semanas de cine

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Feciga, Manuel Precedo, asinan un convenio anual por importe de 30.000 euros

04/05/2023 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares

27/04/2023 | 21:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia Fatum, a nova película de Vaca Films rodada na Coruña que chega mañá aos cines

Luis Tosar, Álex García e Elena Anaya protagonizan o debut do galego Juan Galiñanes na dirección de longas, que contou cunha subvencións de 250.000 €

20/04/2023 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña o gran dinamismo e calidade do cine feito en Galicia na preestrea de Honeymoon en Ourense

A Xunta subvencionou a produción desta longametraxe, protagonizada por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza e rodada en numerosas localizacións galegas

20/04/2023 | 18:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Primeiras figuras do sector musical como Rodrigo Cuevas comparten a súa experiencia na aceleradora ‘Sonemerxente’ da Xunta e Fundación Paideia

Unha decena de novos artistas participan neste programa, que avanza na súa primeira fase de titorías grupais e personalizadas xunto a profesionais como os produtores Paco Loco e Javier Limón, a manager Eva Planas, a avogada Lucía Sánchez, Unai Fresnedo da axencia Taste The Floor ou Alberto Cantúa de Vive Suecia

30/03/2023 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Artistas nacionais e internacionais actuarán en maio no festival Fa Ce La Fest de Lugo co apoio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, e os organizadores do certame presentaron o programa, que inclúe os concertos de La Bien Querida, Micah P. Hinson, Ron Gallo, Depresión Sonora, El Último Vecino, Neatbeats, The Shadracks, Na Noise e Fee Reega