Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.153 novas:

24/07/2024 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibiu 33 ofertas para a redacción dos proxectos de dous grupos de vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou en xuño a redacción dos seus proxectos por preto de 600.000 euros.

24/07/2024 | 14:14 | Axencia de Turismo de Galicia

O aloxamento hoteleiro da comunidade supera por vez primeira as 920.000 noites no mes de xuño

Os datos do INE feitos públicos hoxe amosan un comportamento positivo neste sexto mes de ano, cun incremento do 5,6% respecto á cifra de viaxeiros e do 5,4% do volume de noites con respecto ao mesmo mes de 2023

24/07/2024 | 14:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta urxe ao Goberno central a transferir os fondos cos que compensar e previr os danos do lobo para que Galicia non se vexa novamente penalizada

Ángeles Vázquez lembra que o Executivo galego recorreu nos tribunais a distribución de 2022 por discriminatoria e que a de 2023 non se chegou a realizar por erros da Administración central, polo que leva dous anos sen recibir recursos deste tipo

24/07/2024 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a cualificación das persoas empregadas no sector forestal coa financiación de 58 actividades formativas

A convocatoria conta cun orzamento total de 800.000 euros para impulsar o coñecemento e a competitividade do sector

24/07/2024 | 13:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Festival Sinsal celebra esta fin de semana unha nova edición co patrocinio da xunta a través de FEST Galicia

O evento sorprende ao público do 26 ao 28 de xullo cun cartel secreto conformado por 26 bandas de diversos estilos e procedentes de 15 países

24/07/2024 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en dez tramos de canles fluviais no concello de Muros que suman nove quilómetros

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos

24/07/2024 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta saca a concurso a adxudicación de dúas parcelas para a construción de vivenda protexida no Bertón, no concello de Ferrol

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, deu a coñecer as condicións do concurso no almorzo informativo que hoxe mantivo na cidade con representantes do sector inmobiliario e cooperativistas, no que destacou o avance que está a experimentar Ferrol, “sinónimo agora mesmo de oportunidades e futuro”, que a Xunta está a reforzar con investimentos en infraestruturas e dotación de vivenda pública

24/07/2024 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O padroado da Fundación Galicia Europa aborda as prioridades de Galicia no novo mandato da UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da FGE explicou o proceso de renovación das institucións europeas e os obxectivos que están a perfilarse para o período 2024-2029

24/07/2024 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede máis de 2 M€ a máis de 400 beneficiarios para avanzar na transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe senllos comercios en Santiago de Compostela e Arzúa que recibiron en total preto de 27.000 euros en axudas no marco desta convocatoria de 2024

24/07/2024 | 12:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a información pública o plan de xestión do Monumento Natural da Costa de Dexo

Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá