Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

15/03/2023 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón ante a Convención Marco da ONU as estratexias de Galicia fronte ao cambio climático

O Goberno galego foi seleccionado para compartir a súa experiencia xunto ás comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Murcia e País Vasco

14/03/2023 | 15:17 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta o potencial de Galicia como centro industrial e loxístico do sector emerxente da eólica mariña

Considera o desenvolvemento da eólica mariña unha “grande oportunidade” que vai xerar riqueza e empregos, polo que insta a “non deixala pasar”
 

13/03/2023 | 16:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda ratifica a aposta de Galicia polas infraestruturas do norte peninsular para sumar competitividade tanto no transporte de mercadorías como do hidróxeno verde

Avoga por potenciar as comunicacións ferroviarias entre as Comunidades autónomas do norte para colocarse na primeira liña de saída perante os retos que se presentan a través dos Next Generation e as enerxías renovables

13/03/2023 | 15:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza galega polo clima, impulsada pola Xunta, acada as 50 entidades adheridas en menos dun ano

Ángeles Vázquez anuncia que se está a preparar un encontro entre os membros adheridos para seguir creando sinerxías de cara a avanzar no obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións de CO2

13/03/2023 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora 722 novos elementos ao inventario de zonas húmidas de Galicia

Este rexistro foi concibido para recoller información sobre a localización, superficie, valores e estado destas zonas, datos clave para planificar a súa xestión

13/03/2023 | 11:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a consolidación do Ceida como centro de referencia en educación ambiental coa oferta de preto de 1.300 actividades o pasado ano

Ángeles Vázquez salienta o traballo da entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formativas e de comunicación, así como de educación ambiental e de asesoramento e documentación

12/03/2023 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A UE selecciona a Galicia como exemplo de coordinación do Pacto das alcaldías polo clima e propón extrapolar o seu modelo a outros países

O IEECP pretende trasladar o modelo de gobernanza multinivel que desenvolve a Xunta a Francia, Italia, Croacia, Portugal, Bulgaria e Romanía
 

11/03/2023 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia repite como a comunidade con máis sendeiros azuis cun total de 35 itinerarios recoñecidos, 6 máis que en 2022

Este ano a cerimonia de entrega de galardóns celebrouse en Santiago de Compostela como recoñecemento a ser a Comunidade que acumula o maior número de distintivos deste tipo desde a súa creación

10/03/2023 | 13:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Rueda garante que a nova Lei do litoral de Galicia compatibilizará a protección do medio ambiente e da vida social e económica da costa

Confirma que o obxectivo é que esta normativa, que converterá a Galicia na primeira comunidade en regular a súa franxa costeira, sexa aprobada polo Consello da Xunta ao final deste primeiro semestre
 

10/03/2023 | 13:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación Galega de Caza ultiman as condicións do seu novo convenio de colaboración

Belén do Campo e Luís Fidalgo coinciden na necesidade de seguir apostando pola formación continua dos cazadores e responsables das sociedades de caza e salientan o éxito do primeiro curso impartido o ano pasado en materia de sanidade e hixiene