Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

04/08/2023 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os veciños de Teis disporán na primavera dunha avenida de Galicia máis accesible, humana e segura tras un investimento da xunta de 2,5 M€ e avanza o inicio no outono da 2ª fase das obras

Explica que a intervención persegue o calmado do tráfico na entrada da PO-323 á cidade; ofrecer máis protección aos peóns, con actuacións encamiñadas a incrementar a seguridade; e favorecer a mobilidade sostible, coa mellora dos itinerarios peonís

04/08/2023 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para executar a nova senda na avenida das Caldas, desde a intermodal ata a Ponte Romana, na cidade de Ourense

As obras de acondicionamento da avenida das Caldas suporán un investimento total de 1,2 M€ e permitirán a súa humanización integral para convertela en porta de entrada á cidade, mellorando a mobilidade peonil e ciclista nun treito que coincide coa Vía da Prata

04/08/2023 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-160 entre Miño e Vilarmaior

A actuación forma parte do contrato de reforzo da capa de rodaxe en 5 estradas autonómicas das comarcas do Ferrolterra e de Betanzos, cun investimento de máis de 1,3 M€

03/08/2023 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta renova a sinalización horizontal en 165 quilómetros de 25 estadas autonómicas en Lugo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou hoxe en Pol que se investiron 366.500 euros na actuación, que está practicamente rematada

03/08/2023 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por importe de 4 M€ o contrato de servizo para a redacción de proxectos en materia de estradas

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 7 de setembro

03/08/2023 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras da nova pasarela peonil na estrada PO-244 na contorna do colexio Santiago Apóstol, en Soutomaior, que suporán un investimento de preto de 460.000 €

Acondicionarase o itinerario da vía autonómica dirixido á circulación peonil, substituíndo a actual pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material, fincados no terraplén

02/08/2023 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a licitación da redacción do proxecto do novo acceso ao hospital de Ourense desde a N-525 que suporá un investimento estimado de 5 M€

Vázquez Mourelle explica que a nova vía terá 640 metros de lonxitude e conectará a N-525 coa avenida do Regato, facilitando un acceso directo que evitará un rodeo e permitirá achegar o hospital ao conxunto da área sanitaria

02/08/2023 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o concello de Lalín levarán a cabo obras de mellora na escola infantil pública autonómica das Pontiñas

Destinaranse 50.000 euros na montaxe dunha nova cuberta principal e na prolongación da cuberta do patio ata chegar a cubrir a entrada principal ao inmoble

01/08/2023 | 17:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial fará todo o posible para que a base do 061 de Pontevedra conte con máis espazo útil

Agustín Reguera escoitou as necesidades dos sanitarios do 061 e intentará xestionar o traslado da documentación que actualmente se almacena no edificio.
 

01/08/2023 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza a obra de eliminación do treito de concentración de accidentes en Coiro e Tirán tras investir 1,1 millóns de euros

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, visitou este martes a parroquia moañesa de Tirán onde levouse a cabo unha importante mellora da seguridade viaria