Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

24/07/2023 | 14:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza unha campaña de concienciación fronte ás altas temperaturas nas contornas laborais

A campaña, que forma parte da programación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon o foco na necesidade de descanso, a climatización, a boa alimentación e a hidratación nos lugares de traballo

21/07/2023 | 13:41 | C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e Cegasal deseñan itinerarios formativos para fomentar a empregabilidade de persoas con trastorno mental severo

O Sergas destinará preto de 100.000 euros a este proxecto inserido no Plan de Saúde Mental de Galicia que comenzará na área sanitaria da Coruña co obxectivo de estenderse a toda Galicia

20/07/2023 | 14:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as catro liñas das axudas Emega para o fomento do emprego feminino e de medidas de conciliación persoal, familiar e laboral

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, visitou hoxe na Coruña unha escola de música beneficiaria de 15.000 euros no marco destas achegas

20/07/2023 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Universidade unen esforzos para impulsar o emprendemento innovador e xerar emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC) e presidente do Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), Julio Abalde, asinaron hoxe un convenio de colaboración

20/07/2023 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa de tres liñas de axudas para impulsar o emprendemento en Galicia que aínda poden solicitarse e contan cun orzamento de 17,8 millóns

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe nunha xornada online organizada pola Rede de polos de emprendemento

20/07/2023 | 12:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas da Xunta para apoiar a formación de curta duración dirixida a persoas traballadoras poden solicitarse ata o vindeiro 29 de setembro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a novidosa iniciativa de Promoción do Emprego dirixida a microempresas, pequenas empresas, entidades do terceiro sector da acción social e profesionais autónomos para formar a persoas ocupadas por conta allea

19/07/2023 | 19:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia o proxecto ‘Mar de Amicos’ que promove no Barbanza actividades de turismo accesible e a xeración de emprego de persoas con discapacidade

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participaron na presentación de resultados do proxecto de Fundamar e Amicos
 

19/07/2023 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os 114 proxectos asesorados no polo Rías Altas e Arco Ártabro promovidos por 123 persoas emprendedoras das que o 63% son mulleres

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe este polo de emprendemento e apoio ao emprego emprazado en Ferrol, que forma parte dos oito en activo e dos 15 que estarán en funcionamento ao remate desde ano

18/07/2023 | 16:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración con Agaca e EspazoCoop para a consolidación das cooperativas e doutras entidades de economía social en Galicia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe no acto de clausura da xornada de presentación da II edición de ES-Mentoring Acompañando á Economía Social

18/07/2023 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes