Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.192 novas:

03/07/2024 | 20:50 | C. do Mar

A Xunta pon en marcha o ‘Plan de competitividade e sostibilidade do marisqueo de Galicia’ co que mobiliza 123 millóns de euros ata 2025 para reactivar o sector

O documento xorde do diálogo e do consenso cos colectivos implicados e está dirixido a impulsar a súa produtividade e a garantir a súa rendibilidade

03/07/2024 | 20:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda acorda co presidente da Deputación de Pontevedra impulsar a rehabilitación do convento de Santa Clara e do Cine Fraga

Consensúan crear unha comisión de seguimento e axilizar os trámites necesarios no caso do mosteiro pontevedrés

03/07/2024 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor a obra de Néstor Goyanes coa mostra ‘Soñar ao encontro: cartas ao mar’

A exposición, aberta ata o 25 de agosto, busca amosar a través dunha serie de gravados a memoria e as vivencias pasadas migratorias do artista 

03/07/2024 | 17:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación da rehabilitación integral do colexio Pérez Viondi da Estrada, cun investimento de máis de 1 M€

Inclúe o cambio de cuberta do edificio principal, a mellora da accesibilidade e a renovación de fiestras do ximnasio, entre outras

03/07/2024 | 16:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece este verán 1.800 prazas de campamentos na provincia de Lugo

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitan o albergue Area con 100 rapaces por quenda

03/07/2024 | 15:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na presentación do proxecto Es-Factory para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal

03/07/2024 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado

O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico