Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

22/03/2023 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta agradece o compromiso da mocidade galega na loita diaria contra o cambio climático

Ángeles Vázquez reitera a importancia de que os máis novos sexan embaixadores do medio ambiente, asumindo rutinas que contribúan a loitar contra este fenómeno e axudando aos máis maiores a abandonar costumes prexudiciais para a contorna

22/03/2023 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 650 prazas para coñecer Cíes e Ons esta Semana Santa a través de 35 rutas guiadas e gratuítas

As persoas interesadas poden anotarse en liña na central de reservas do Parque Nacional ou ben o mesmo día da súa visita nas casetas de información das illas

22/03/2023 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

ueda anuncia que a Xunta avaliará os efectos sociais e económicos dos proxectos de cara ás declaracións de impacto ambiental

Adianta que así se recollerá na nova lei sobre aproveitamento dos recuros naturais, que comezará mañá a súa tramitación no Consello do Goberno galego
 

21/03/2023 | 13:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conciencia aos escolares do CPR Compañía de María sobre o coidado dos recursos naturais con motivo do Día Internacional dos Bosques

A actividade, incluída no programa de sensibilización que recolle o Pladiga, consistiu nunha charla teórica nas aulas sobre a importancia das árbores e o seu ciclo vital e unha sesión práctica no exterior sobre os tipos de ferramentas que se empregan na extinción de incendios forestais

21/03/2023 | 13:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza que investirá 1,1 M€ na ampliación da superficie pública do Parque Natural Fragas do Eume

Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego xa ten localizadas preto de 800 parcelas, cuxa compra se negociará cos respectivos propietarios para, unha vez mercados, realizar actuacións de conservación e restauración
 

20/03/2023 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Ulla entre o 1 de abril e o 30 de setembro de 2023

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico desta especie

19/03/2023 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca comeza en Galicia con máis de 12.000 afeccionados exentos de pagar as taxas por licenza

Ángeles Vázquez subliña que esta exención, unha medida introducida coa nova Lei de pesca continental para os menores de idade e o colectivo de maiores de 65 anos, beneficia xa en Galicia a un de cada tres pescadores con licenza en vigor

18/03/2023 | 13:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a mellora paisaxística que suporá para o concello de Cervo o acondicionamento da nova praza do Barrio da Atalaia

Ángeles Vázquez explica que esta actuación conta cun orzamento de máis de 535.000 euros, dos que a Xunta aporta o 70 % e o Concello asume o 30 % restante xa que se realiza ao abeiro do plan Hurbe

17/03/2023 | 14:32 | C. do Mar

Rosa Quintana enxalza o intenso labor da comunidade científica para avanzar no coñecemento da gran biodiversidade mariña de Galicia

A titular de Mar salientou a importancia de contar con traballos de investigación exhaustivos para coidar os hábitats e especies únicas coma estas así como educar á sociedade sobre a súa relevancia no ecosistema

16/03/2023 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecoembes completan a implantación en Galicia da recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón

Sagrario Pérez salienta que unha gran maioría dos galegos están xa totalmente comprometidos coa xestión sustentable e eficiente dos residuos urbanos e cun consumo máis responsable nos seus fogares